Unha escola filosófica é unha maneira de pensar ou de proceder en relación á filosofía. As escolas filosóficas moitas veces xorden a partir das ensinanzas dun mestre e en oposición a unha escola rival.

Outros nomes para aproximadamente a mesma idea son: escola de pensamento, corrente de pensamento, corrente filosófica, doutrina filosófica e movemento filosófico.

Neste artigo resúmense as principais escolas da filosofía occidental.

Escolas filosóficas de Occidente

Idade Antiga miniatura|300px|Peripatéticos no Liceo de Atenas. miniatura|esquerda|Epicuro de Samos. miniatura|Zenón de Citio. miniatura|esquerda|Plotino. miniatura|Hipatia, pintura de Charles William Mitchell (1885). Escola de Mileto: Fundada no século VI a.C. Membros seus foron Tales, Anaximandro e Anaxímenes. Escola eleática: Escola presocrática con auxe nos séculos VI e V a.C. Os seus membros máis importantes foron Parménides de Elea e Zenón de Elea. Pitagóricos: Organización grega de astrónomos, músicos, matemáticos e filósofos, que deben o seu nome á influencia que sobre eles tivo o filósofo presocrático Pitágoras. Crían que todas as cousas son, en esencia, números. O pentagrama (estrela de cinco puntas) foi un importante símbolo relixioso usado polos pitagóricos, que o denominaban "saúde". Para eles o perfecto σοφόσ (sophós, 'sabio') era ao mesmo tempo o perfecto cidadán; por iso o pitagorismo creou unha aristocracia e acabou por intervir en política. Os pitagóricos seguían unha dieta vexetariana Pythagoras on Vegetarianism - Citas de fontes primarias de literatura histórica acerca do punto de vista de Pitágoras sobre o vexetarianismo, a xustiza e a amabilidade. á que chamaban por aquel entón dieta pitagórica. Escola megárica: Fundada por Euclides de Mégara na súa cidade natal de Megara. Sofistas: É o nome con que actualmente se coñece a un grupo de respectados autores que arredor do século V a.C. percorría as cidades da Antiga Grecia intercambiando as súas ensinanzas por diñeiro. Denominábanse a si mesmos sabios (σοφοι sophoi), e o saber en que dicían ser expertos era a sofística, que se refería ao comportamento moral e político do ser humano. Foron os primeiros en romperen coa busca presocrática dunha unidade orixinaria (a phýsis) iniciada con Tales de Mileto e finalizada con Demócrito de Abdera (que aínda que falecería pouco tempo despois de Sócrates, ten o seu pensamento inserido dentro da filosofía presocrática). Para os sofistas, o ben, a verdade, a xustiza, coma todos os valores, non son algo absoluto senón máis ben relativo. Subliñaban o feito de que en moitas ocasións, o que era bo para uns podía ser malo para moitos. Incluso para un mesmo individuo, o que era bo nunhas ocasións, podía ser malo noutras. Esta doutrina sofística pode expresarse pola máxima de Protágoras de Abdera: O home é a medida de todas as cousas. Tal máxima expresa o sentido de que non é o ser humano quen ten que acomodarse a patróns externos, que sexan impostos por algo que non sexa o propio ser humano, senón que é o propio ser humano quen debe acomodarse segundo a súa liberdade. Platonismo: Seguidores de Platón. Escola peripatética: Seguidores de Aristóteles no Liceo. Epicureísmo: Escola dos discípulos de Epicuro. É un sistema filosófico que defende a busca dunha vida boa e feliz mediante a administración intelixente de praceres e dores, a ataraxia (αταραχία, "ausencia de turbación", "paz de espírito"), e os vínculos de amizade entre os seus correlixionarios, chamados epicúreos. Epicuro propoñía a realización da vida boa e feliz, a ataraxia e as relacións amigables entre os seus discípulos. Este pracer non debía limitarse só ao corpo, como preconizaba o hedonismo cirenaico, senón que debía ser tamén intelectual, xa que o home é un todo. Para Epicuro a presenza do pracer ou felicidade era un sinónimo da ausencia de dor, ou de calquera tipo de aflición: a fame, a tensión sexual, o aburrimento etc. Era un equilibrio perfecto entre a mente e o corpo que proporcionaba a serenidade ou ataraxia.Portal sobre o Epicureísmo Escola cínica: Fundada por Antístenes, sostivo que a felicidade vén da vida simple e natural. Escola cirenaica: Fundada por Aristipo de Cirene e centrada en cuestións de ética. Estoicismo: Fundado por Zenón de Citio, no ano 301 a.C. Zenón, de orixe chipriota e posibelmente de ascendencia mixta, grega e oriental,Véxase Dióxenes Laercio, Vidas dos filósofos, Zenón, 2. despois dunha axitada vida trasladouse a Atenas no 311 a.C. Durante a súa su estancia nesta cidade tomou contacto coa filosofía socrática, en especial a da escola cínica, e a megárica. Segundo Dióxenes Laercio, inicialmente inclinouse polo cinismo, pero pronto abandonou esta escola porque rexeitaba as numerosas "exaxeracións" nas que caían. Tras este abandono, estudou con outros filósofos das escolas académica, aristotélica e megárica pero, insatisfeito tamén con elas, acabou creando a súa propia escola, na que combinaba múltiples aspectos cínicos cos doutros filósofos como Heráclito.Störig, H. J., Historia de la filosofía, ed. Tecnos, páxs. 227–229. Xa desde a antigüidade, tense estudado a posíbel influencia que sobre Zenón tiveron doutrinas semíticas tales como o xudaísmo ou as filosofías do oriente medio; o considerábel parecido entre o estoicismo e o cristianismo nalgunhas doutrinas, sobre todo na ética e na cosmoloxía, suxeriron a panexiristas cristiáns como Quintiliano e Tertuliano que Zenón estaba familiarizado, pola súa orixe semita, co xudaísmo.Zeller, Grundriss, páxs. 250–251. O estoicismo foi un movemento filosófico que, durante o período helenístico, adquiriu a súa maior importancia e difusión por todo o mundo grecorroromano, gozando de especial popularidade entre as elites romanas. O seu período de preeminencia vai do século III a.C. até finais do século II d.C. Tras diso, deu signos de esgotamento que coincidiron coa descomposición social do Alto Imperio romano e o auxe do cristianismo. O estoicismo foi a última grande escola de filosofía do mundo grego, e continuou existindo até que, no ano 529 d.C., o emperador Xustiniano clausurou a Escoa de Atenas. O termo estoicismo provén do lugar no que Zenón comezou a dar as súas leccións no ano 301 a.C., na Stoá poikilé (en grego Στοά, Stoá, 'pórtico', e ποικιλή poikilé, 'pintado'), que era o Pórtico pintado da ágora de Atenas. Neoplatonismo: Sistema filosófico que naceu na Alexandría do século III, e que se ensinou en diferentes escolas até o século VI. É a última manifestación do platonismo antigo, e constitúe unha síntese de elementos moi distintos, con achegas das doutrinas filosóficas de Pitágoras, Aristóteles, Zenón e, sobre todo, Platón, unidas ás aspiracións místicas de orixe hindú e xudeu.VV.AA. (1991): Gran Enciclopedia Larousse. Barcelona: Planeta, Volume 16, páxs. 7728-7729. ISBN 84-320-7386-5 Fundada, segundo parece, por Amonio Saccas, o seu representante máis importante foi Plotino, que permaneceu once anos xunto a aquel antes de profesar a súa doutrina en Roma a partir de 244. O seu discípulo Porfirio redactou as súas leccións a publicounas, reunidas en seis Enéadas, e tomou a dirección da escola a finais do século III. A tradición filosófica do neoplatonismo mantívose no século V, e foi ensinada a partir do 400 na escola de Atenas, por Plutarco de Atenas. A escola de Atenas foi clausurada en 529 por un edito de Xistiniano. Despois da morte de Hipatia (415), afastárase do neoplatonismo e, no século VI, mesmo chegou a ser un foco de resistencia ás doutrinas neoplatónicas. É destacábel como neoplatónico Sinesio de Cirene, do que nos quedaron como fontes indirectas da figura da súa mestra Hipatia as cartas dirixidas a ela, así como outros manuscritos. Segundo os neoplatónicos, o principio de todo o existente á a unidade absoluta, o Un, chamada realidade suprema ou gran vacuidade, da que xorden todas as demais realidades por emanación. O primeiro ser emanado do Un é o Logos, chamado tamén Verbo, ou Intelixencia, que contén as ideas das cousas posíbeis. Despois, a Intelixencia xera a Alma como idea, principio do movemento e da materia. O Un, a Intelixencia e a Alma son as tres hipóstases da Trindade neoplatónica. O neoplatonismo, con Porfirio, loitou contra o cristianismo, e atribuíu cada vez máis importancia aos procedementos prácticos destinados a provocar a éxtase. Influíu na patrística cristiá (Pseudo Dionisio Areopaxita, Agostiño de Hipona) e tamén, a través dela, no pensamento medieval e na escolástica, até chegar ao Renacemento (Marsilio Ficino, Giovanni Pico della Mirandola).

Idade Media miniatura|Agostiño de Hipona por Sandro Botticelli, c. 1480. miniatura|esquerda|Tomé de Aquino (1224 – 1274), máximo representante da escolástica. miniatura|Detalle do cadro de Andrea de Bonaiuto O Triunfo de San Tomé, coa imaxe sentada en repouso e pensativa de Averroes, apoiado posibelmente nalgún libro de Aristóteles. miniatura|esquerda|Abelardo e Eloísa son sorprendidos por Fulberto. Pintura titulada Les Amours d'Héloïse et d'Abeilard, do artista Jean Vignaud (1819). Agostiñismo: Seguidores de Agostiño de Hipona. (Non confundir cos frades agostiños, membros da Orde de Santo Agostiño (OSA), (e latín Ordo Sancti Augustini), frades mendicantes que seguen a liña de pensamento de Santo Agostiño. Escolástica: Escola dominante na universidade medieval europea. Escola de Oxford: Nome dun grupo de académicos medievais da universidade de Oxford, ligados á orde franciscana, dentro do marco da escolástica tardía. Escola de París (filosofía): Grupo de filósofos do século XIV que tomaron o relevo dos da escola de Oxford. Caracterizouse por soster o nominalismo e mostrar un grande interese por cuestións de lóxica, nalgúns casos, pola filosofía da natureza, ou simplemente a física, moitos deles. Escola de San Vítor: Escola teolóxica e filosófica da Idade Media, con sé na Abadía de San Vítor, fóra dos muros de París. A súa creación atribúese ao célebre teólogo e profesor catedralicio da Catedral de Notre Dame de París Guillerme de Champeaux quen, tras ser derrotado por Abelardo nunha discusión derivada das súas teorías sobre os universais,Hirschberger, 1991, páx. 347 retirouse a esa Abadía, que xa era unha escola claustral, onde segundo parece estivo ensinando desde 1108 até 1113. Entre os seus membros, tamén coñecidos como "vitorinos", figuran algúns dos máis importantes filósofos místicos da época, como Hugo e Ricardo de San Vítor. Estaba formada por cóengos que seguían a regra de Santo Agostiño e dependía da San Vítor en Marsella.Fraile, 1986, páx. 471 De aí a influencia do pensamento de Santo Agostiño e o seu método no pensamento da escola. Ademais ensinábanse as disciplinas que conformaban o trivium e outras non relixiosas que, naquela época, algúns pensadores e correntes teolóxicas consideraban inútiles. Escola franciscana de París: Grupo de teólogos e filósofos franciscanos que rivalizaban cos dominicos en influencia na Universidade de París, e que durante o século XIII exerceron unha influencia notábel no pensamento cristián, sobre todo desde á súa oposición ao tomismo e a súa aceptación das opinións de San Bonaventura, que parte dos escritos de Agostiño de Hipona. Entre os membros desta escola destacan Guillerme de la Mare, Mateo de Acquasparta, Guillerme de Melton e o propio Bonaventura de Fidanza. Averroísmo: Este termo aplícase a dúas tendencias filosóficas da escolástica, desde finais do século XIII. A primeira delas estaba baseada nas interpretacións do aristotelismo polo filósofo árabe Averroes (Ibn Rushd) e o seu intento de concilialo co islam. Os filósofos cristiáns á súa vez aplicaban estas ideas aos escritos de Aristóteles para facer o propio co Cristianismo. Ademais de Averroes, os principais autores involucrados no movemento averroísta foron Siger de Brabante e Boecio de Dacia. As principais ideas do primitivo concepto filosófico averroísta —tal como se encontra nos comentarios de Averroes a Aristóteles— eran: