Francisco Gerardo Varela Buela, nado en Forcarei o 17 de agosto de 1890 e finado en Cerdedo o 4 de outubro de 1981, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Varela Paz e de Encarnación Buela, e irmán de José Varela Buela. Estudou Maxisterio e recibiu o título de mestre superior en 1913. Foi mestre en Albeos (Crecente), Oia (1917), O Barco de Valdeorras, e dende 1924 en Cerdedo. Foi alcalde de Cerdedo na ditadura de Primo de Rivera (1924-1926). Durante a República, foi secretario do xulgado municipal, asesor técnico da secretaría do Concello de Cerdedo e traballou para erradicar o analfabetismo en Cerdedo. Pertenceu á Agupación Socialista de Cerdedo, da que foi elixido vicepresidente da directiva en xaneiro de 1935.El Pueblo Gallego, 5-2-1935, p. 13. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou na organización da resistencia antifranquista. Foi detido en Cerdedo, preso en Pontevedra (na prisión da Normal) e despois no campo de concentración da Illa de San Simón. Foi xulgado por rebelión, depurado do seu cargo e condenado a cadea perpetua. Estivo no penal de Burgos e despois redimiu a súa condena nun batallón disciplinario nas minas de volframio de Fontao (Silleda). Saíu en liberdade provisional en 1944 e abriu unha academia en Cerdedo.
Vida persoal Casou en Crecente con Dolores Caballero Méndez e foi pai de Manuel, María, Oliva e Francisco Varela Caballero.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Francisco Varela Buela: A derradeira lección do mestre Lembranza do mestre Francisco Varela Buela (I)
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Cerdedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Forcarei
Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes