Santa María de Simes é unha parroquia que se localiza no leste do concello pontevedrés de Meaño. Ten unha superficie de 6,05 km².
Segundo datos do IGE, tiña 532 habitantes no ano 2025, dos que 269 eran mulleres e 263 homes, o que representa un leve descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 542 veciños, e 2010, cando eran 561.
Patrimonio histórico-artístico Cómpre destacar a igrexa parroquial, románica do século XIII, que conserva a portada e o presbiterio e, ao seu carón, un interesante cruceiro. No adro da igrexa hai unha fornela coa imaxe da Virxe.
Nesta parroquia atópase un dos escasísimos exemplos de hórreos en "L" que se conservan en Galicia.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Simes
Parroquias de Meaño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Meaño
Categoría:Parroquias de Meaño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María