Rosa Maria Sardà Tàmaro, nada en Barcelona o 30 de xullo de 1941 e finada en Barcelona o 11 de xuño de 2020, foi unha actriz, humorista, presentadora e directora teatral catalá. Comezou como actriz cómica, rexistro que nos últimos anos combinou co de intérprete dramática en castelán e en catalán.
Traxectoria Rosa Maria pertencía a unha familia de persoas do espectáculo: estivo casada co tamén actor Josep Maria Mainat, membro do trío cómico La Trinca, e era a irmá máis vella do xornalista Xavier Sardà. Tiña tres irmáns máis novos, un deles, faleceu por causa da sida nos anos 1980. Tivo un fillo actor, Pol Mainat,«Ficha de Pol Mainat en IMDB» co que coincidiu en Abuela de verano.
De formación autodidacta, empezou a facer teatro de afeccionados no barrio de Horta. En 1962 pasou ao teatro profesional, á compañía de Dora Santacreu e Carlos Lucena, coa obra Cena de matrimonios, de Alfonso Paso e, desta mesma compañía, pasou á de Alejandro Ulloa e, posteriormente, tamén á de Pau Garsaball, coa obra En Baldiri de la Costa.
Con posterioridad, deu o salto no campo televisivo (en 1975, protagoniza Una vella, coneguda olor, baseada na obra de Josep Maria Benet, e 1979 presenta o programa Festa amb Rosa Maria Sardà) e o cinematográfico (con El vicario de Olot, de Ventura Pons).
Salientou no cinema nos últimos anos da década de 1980, época na que participou en filmes como Moros y cristianos (1987), de Luis García Berlanga, e en programas para televisión en España como Olé tus vídeos e Ahí te quiero ver, onde ademais de presentar, elaborou e supervisou os guións e dirixiu e interpretou os diferentes sketchs, e fixo o seu debut como directora de teatro con Ai carai! (1989), comedia do dramaturgo Josep Maria Benet.
Na década de 1990 traballou con Fernando Colomo en El efecto mariposa, con Ventura Pons en Carécies e Amic/Amat, con Francesc Betriu en La duquesa roja e con Fernando Trueba en La niña de tus ojos, sendo candidata ao Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria, premio que gañaría dúas veces por ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo?, de Manuel Gómez Pereira, e Sin vergüenza, de Joaquín Oristrell.
Ademais, ten sido mestra de cerimonias dos Premios Goya en tres ocasións, en 1993, 1998 e 2001 e reapareceu como presentadora ao final da Gala de 2009 e 2010.
Nos últimos anos a súa carreira ten estado máis ligada ao teatro, onde salientan varios papeis como o da doutora Vivan Bearing en Wit (2004), de Margaret Edson e n'A casa de Bernarda Alba (2009), de Federico García Lorca, interpretando o papel de Poncia xunto a Núria Espert.
Con todo, seguiu participando en filmes tan recoñecidos como Todo sobre mi madre (1999) de Pedro Almodóvar, Te doy mis ojos (2003) de Icíar Bollaín e Ocho apellidos catalanes (2015) de Emilio Martínez-Lázaro.
Filmografía Cinema El vicario de Olot (1980) La ràdio folla (1986) Moros y cristianos (1987) Un submarí a les tovalles (1990) Rateta, rateta (1990) Ho sap, el ministre? (1991) ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo? (1992) La fiebre del oro (1993) El cianuro... ¿solo o con leche? (1993) Escenas de una orgía en Formentera (1994) Enciende mi pasión (1994) L'enfonsament del Titanic (1994) Alegre ma non troppo (1994) Suspiros de España y Portugal (1995) Pareja de tres (1995) El efecto mariposa (1995) La duquesa roja (1996) Actrius (1996) Siempre hay un camino a la derecha (1997) Grandes ocasiones (1997) Carícies (1997) Airbag (1997) Mátame mucho (1998) La niña de tus ojos (1998) Amic/Amat (1998) Todo sobre mi madre (1999) Anita no pierde el tren (2000) Torrente 2, misión en Marbella (2001) Sin vergüenza (2002) El viaje de Carol (2002) El embrujo de Shanghai (2002) Dos tipos duros (2002) Deseo (2002) A mi madre le gustan las mujeres (2002) Te doy mis ojos (2003) Vete de mí (2006) Chuecatown (2007) Barcelona (un mapa) (2007) Rivales (2008) La vida empieza hoy (2010) Maktub (2011) Any de Gràcia (2012) Rey gitano (2015) Ocho apellidos catalanes (2015)
Teatro Lista incompleta«Lista completa de obras de teatro interpretadas por Rosa Maria Sardà.» Duet per a violí (1982) Yo me bajo en la próxima, ¿y usted? (1982) Madre Coraje y sus hijos (1986) Wit (2004-2006) Tres dramolette (2007) A casa de Bernarda Alba (2009) Sagarra dit per Rosa M. Sardà (2011-2012) Dubte (2012)
Televisión El coleccionista de ruidos, do espazo Novela (1969) La mujer del cementerio, do espazo Escritores en televisión (1971) La segunda receta, do espazo Sospecha (1973) El castillo de Merret, do espazo Ficciones (1973) La nariz, do espazo Ficciones (1973) El castillo de Rackrent, do espazo Ficciones (1974) Dinero del purgatorio, do espazo Original (1975) La esfinge furiosa, do espazo Teatro estudio (1978) La dama de las camelias, do espazo Estudio 1 (1978) Prohibido suicidarse en primavera, do espazo Estudio 1 (1981) La noche de los cien pájaros, do espazo Estudio 1 (1981) Ahí te quiero ver (1984) Olé tus vídeos (1991) Villa Rosaura (1994) Las amargas lágrimas de Petra von Kant, do espazo Estudio 1 (2001) Una pareja abierta, do espazo Estudio 1 (2002) Majoria absoluta (2004) Abuela de verano (2005) Dues dones divines (2011)
Premios e candidaturas Premios Goya Ano Categoría Filme Resultado Ref. 1993 Mellor interpretación feminina secundaria ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo? Gañadora 1998 Mellor interpretación feminina de elenco La niña de tus ojosCandidata 2001 Mellor interpretación feminina de elenco Sin vergüenza Gañadora
Premios Fotogramas de Prata Ano Categoría Filme/TV/Montaxe Resultado Ref. 1982 Mellor labor teatral Duet per a violíYo me bajo en la próxima, ¿y usted? Candidata 1984 Mellor intérprete de televisión Ahí te quiero ver Candidata 1993 Mellor actriz de cinema La fiebre del oro Finalista 2003 Mellor actriz de teatro Wit Gañadora 2005 Mellor actriz de televisión Abuela de verano Candidata
Premios da Unión de Actores Ano Categoría Filme/TV/Montaxe Resultado Ref. 1998 Mellor interpretación secundaria de cine La niña de tus ojos Candidata 1999 Mellor interpretación secundaria de cinema Todo sobre mi madre Candidata 2001 Mellor interpretación de elenco de cinema Sin vergüenza Gañadora 2005 Mellor actriz protagonista de televisión Abuela de verano Candidata 2009 Mellor actriz protagonista de teatro A casa de Bernarda Alba Gañadora
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Ano Categoría Filme Resultado Ref. 2001 Mellor actriz secundaria Sin vergüenza Candidata
Premios da Academia da Televisión de España Ano Categoría TV Resultado Ref. 2001 Mellor interpretación feminina Las amargas lágrimas de Petra von Kant Candidata 2002 Mellor interpretación feminina Una pareja abierta Candidata
Premios TP de Ouro Ano Categoría TV Resultado Ref. 1984 Mellor presentadora Ahí te quiero ver Gañadora
Premios Butaca Ano Categoría Filme/Montaxe Resultado Ref. 1997 Mellor actriz catalá de cine Actrices (ex aequo) Gañadora 1998 Mellor actriz catalá de cine Caricias Candidata 2002 Mellor actriz catalá de cine A mi madre le gustan las mujeres Candidata 2004 Mellor actriz catalá de teatro Wit Gañadora 2009 Mellor actriz catalá de teatro A casa de Bernarda Alba Candidata
Premios Max Ano Categoría Montaxe Resultado Ref. 2005 Mellor actriz protagonista Wit Gañadora 2009 Mellor actriz protagonista A casa de Bernarda Alba Candidata 2015 Max de Honra - Gañadora
Premios do Cinema Europeo Ano Categoría Filme Resultado Ref.2001Premio Jameson do público á mellor actriz europeaAnita no pierde el trenCandidata
Festival do Cinema de España de Tolosa Ano Categoría Filme Resultado Ref.2010Violette d'Or á mellor actriz La vida empieza hoy (ex aequo) GañadoraPalmarés del Festival Cinespaña 2010 : en conxunto con Pilar Bardem, María Barranco, Sonsoles Benedicto e Mariana Cordero.
Outros premios e candidaturas Gañadora do Premio Memorial Margarida Xirgu (1979-1980), por Rosa i Maria e El balcó. Gañadora do Premio de Cinematografía da Generalitat de Cataluña (1993), por La fiebre del oro. Polo seu papel en Anita no pierde el tren, Sardà gañou os premios a seguir: Premio do Festival Internacional de Cine de Comedia de Peñíscola (2001). Premio do Festival de Cine Hispano de Miami (2001). Premio do Festival Internacional de Cine de Mar del Prata de 2001: Mención Especial. Candidata aos Premios Zapping (2005), por Abuela de verano. Candidata aos Premios Valle Inclán de Teatro (2009), por A casa de Bernarda Alba.
Premios pola súa traxectoria Premio Creu de Sant Jordi (1994), da Generalitat de Cataluña. Premio de Honra (2007), do Festival de Cinema en Valencià. Premio do Zinegoak do País Vasco (2007). Premio San Pancracio (2007), do Festival Solidario de Cine Español de Cáceres. Premio Málaga (2009), do Festival de Cine Español de Málaga.«La actriz Rosa Maria Sardà recibe esta noche el Premio Málaga» Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2009). Medalla de Ouro da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (2010). Premio Actúa (2012), da Fundación AISGE.«Rosa María Sarda, Miguel Rellán y María Pagés, galardonados por la AISGE »
Notas
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 2020 Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Categoría:Humoristas de Cataluña Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Directores de teatro de Cataluña Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes