Hendrik Conscience, nado en Anveres o 3 de decembro de 1812 e finado en Elsene o 10 de setembro de 1883, foi un escritor belga en lingua neerlandesa.
Traxectoria Está considerado o pioneiro da literatura flamenga. Escribiu nunha época na que en Bélxica imperaba o francés entre as clases altas, na literatura e tamén na administración. Conscience loitou como revolucionario belga en 1830 e foi un escritor destacado do estilo romántico popular na primeira parte do século XIX. É especialmente coñecida pola súan novela de corte nacionalista-romántico De Leeuw van Vlaanderen (1838), inspirada pola vitoria da milicia campesia flamenga sobre os cabaleiros franceses na Batalla de Courtrai de 1302, no curso da Guerra Franco-Flamenga.
Véxase tamén Ligazóns externas Obras de ou sobre Hendrik Conscience en Internet Archive Obras de Hendrik Conscience en LibriVox Ficha en Find-A-Grave de Hendrik Conscience
Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1883 Categoría:Escritores en lingua neerlandesa Categoría:Nados en Anveres