San Cibrán de Mouriscados é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 267 habitantes (141 mulleres e 126 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2005 cando tiña 311 habitantes. Por esta parroquia pasa a N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Historia esquerda|miniatura|Igrexa de San Cibrán Nos lugares de Couto do Santo e Campo de Mouro atopáronse restos de cerámica castrexa e tegulas romanas, sobre os que hai varias lendas.

A igrexa parroquial, adicada a San Cibrán, data do século XVII. Dela partía un antigo viacrucis que ía ata o outeiro do Calvario. Anterior a esta igrexa existiu outra situada no «Couto da Igrexiña».

Patrimonio Cruceiro e peto de ánimas de Mouriscados, peto de ánimas pechado con cruceiro por detrás del. Castro de Campo de Mouro

Lugares e parroquias Lugares de Mouriscados

Parroquias de Mondariz

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mondariz

Categoría:Parroquias de Mondariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán