Dawn of the Planet of the Apes é un filme de ficción científica estadounidense dirixido por Matt Reeves e escrito por Mark Bomback, Rick Jaffa e Amanda Silver. Está protagonizado por Andy Serkis, Jason Clarke, Gary Oldman, Keri Russell, Toby Kebbell, Kodi Smit-McPhee, Kirk Acevedo e Judy Greer. É a secuela do filme Rise of the Planet of the Apes, que é un remake de 20th Century Fox do filme orixinal, O planeta dos simios. Dawn está ambientado dez anos despois dos eventos de Rise, e segue a un grupo de persoas en San Francisco que loitan por sobrevivir após unha praga que decimou a humanidade, mentres o simio Caesar tratar de manter o control sobre a súa comunidade de simios intelixentes.
Dawn of the Planet of the Apes foi estreado nos Estados Unidos e no Canadá o 11 de xullo de 2014 e tivo unha boa acollido, con boas críticas que louvaron os seus efectos visuais, a súa historia, a súa dirección e a súa profundidade emocional. Tivo moi éxito na recadación, con $710 millóns en todo o mundo, e recibiu un nomeamento ós Premios Oscar polos mellores efectos visuais. A terceira entrega da saga, titulada War for the Planet of the Apes, foi estreada o 14 de xullo de 2017.
Personaxes Simios Andy Serkis como Caesar Toby Kebbell como Koba Nick Thurston como Blue Eyes Karin Konoval como Maurice Terry Notary como Rocket Doc Shaw como Ash Judy Greer como Cornelia Lee Ross como Grey
Humanos Jason Clarke como Malcolm Gary Oldman como Dreyfus Keri Russell como Ellie Kodi Smit-McPhee como Alexander Kirk Acevedo como Carver Jon Eyez como Foster Enrique Murciano como Kemp Jocko Sims como Werner Keir O'Donnell como Finney Kevin Rankin como McVeigh Lombardo Boyar como Terry James Franco como Will Rodman
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua de sinais americana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2014 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Matt Reeves Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados na Columbia Británica Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes sobre primates Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América