Para a xornalista chamada Ángela Rodríguez, véxase o seu alcume Ángela Rodicio. Ángela Rodríguez Martínez, coñecida como Pam, nada en Pontevedra o 2 de outubro de 1989, é unha política galega.
Traxectoria Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posgrao en Pensamento Contemporáneo. Investigación e creación en Arte Contemporánea. Foi secretaria de Coordinación e Igualdade de Podemos Galicia. Número dous da candidatura de En Marea para as Eleccións xerais de 2015 pola provincia de Pontevedra, foi elixida deputada. Repetiu candidatura nas Eleccións xerais de 2016.
Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos ao Congreso pola Provincia de Pontevedra. Repetiu candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano, pero non saíu elixida en ningún dos casos. Logo da formación dun goberno de coalición no estado entre o PSOE e Unidas Podemos, exerceu de asesora no Ministerio de Igualdade, baixo as ordes da ministra Irene Montero. Logo da dimisión a finais de setembro de 2021 da gaditana Noelia Vera, pasou a ser a nova secretaria de estado de Igualdade.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados
Categoría:Políticos de Podemos Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1989 Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por En Marea Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra