Ireneu, ás veces tamén Ireneo (en grego Εἰρηναῖος), nado na primeira metade do século II e finado cara ao 202, foi un apoloxista cristián e un dos primeiros Pais da Igrexa. Foi oínte de Policarpo,Eusebio de Cesarea, Historia Eclessiastica. Libro V. Capítulo V. quen segundo a tradición fora discípulo de Xoán o Evanxelista. Desde 189, foi bispo de Lugdunum, Galia, entón parte do Imperio Romano (hoxe Lión, Francia).
É considerado como o adversario máis importante do gnosticismo do século II. A súa obra principal é Adversus haereses (en galego, Contra as herexías). Os seus escritos foron decisivos nos comezos do desenvolvemento da teoloxía cristiá. Tanto a Igrexa Católica como a Ortodoxa Oriental considérano santo. Na primeira a súa festa é o 28 de xuño,Calendarium Romanum (Libreria Editrice Vaticana 1969), p. 96 na segunda o 23 de agosto. A Igrexa LuteranaEvangelical Lutheran Church in America: Lesser Festivals and Commemorations, Evangelical Lutheran Worship, p. 16. Augsburg Fortress. conmemóraohttps://web.archive.org/web/20130725193225/http://www.elca.org/Growing-In-Faith/Worship/Learning-Center/FAQs/Commemorations.aspx tamén o 28 de xuño.
thumb|Lión - Calvario da Igrexa Saint-Irénée
Traxectoria Ireneu naceu na primeira metade do século II (segundo uns, entre os anos 115 e 125, segundo outros entre 130 e 142). Crese que fora grego, nado na mesma cidade que Policarpo, Esmirna, en Asia Menor, (hoxe İzmir, Turquía).O propio Ireneo conta (Contra as herexías 3.3.4, cf Eusebio Historia Ecclesiastica 5.20.5ff) que na súa 'mocidade' viu a Policarpo, bispo de Esmirna martirizado c156. Esta é a proba usada para supór que Ireneo naceu en Esmirna arredor da década que vai de 130 a 140. A diferenza de moitos dos seus contemporáneos, non se converteu na idade adulta senón que se criou nunha familia cristiá.
Durante a persecución de Marco Aurelio, emperador romano entre 161 e 180, Ireneu foi crego da Igrexa de Lión. O clero desa cidade, que tiña moitos dos seus membros encarcerados, en 177 enviouno cunha carta para Eutelo, o bispo de Roma, na que pedía tratar con suavidade aos montanistas de Frixia. Mentres Ireneu estaba en Roma, en Lión ocorreu unha matanza. Xa de regreso na Galia, Ireneu sucedeu ao martirizado primeiro bispo de Lión, Potino.Eusebio, Historia Ecclesiastica 5.4.1
Sábese pouco sobre a súa carreira como bispo. Despois da persecución de Marco Aurelio seguiu certa paz relixiosa. Ireneu escribiu obras contra o gnosticismo. A máis famosa é Adversus haereses ("Contra as herexías") un tratado de 5 volumes escrito entre o 180 e o 184.Franzen (1990), p. 44 Ireneu suxire que tería contacto con gnósticos e os seus escritos, e isto quizais acontecera en Asia Menor ou Roma.Ireneo, Contra as herexías, 1.pr.2, 4.pr.2 Porén, parece que tamén había gnósticos preto de Lión: Ireneu escribe que había seguidores de Marcos o Mago que vivían e ensinaban no val do Ródano.Eusebio, Historia Ecclesiastica 5.24.1
A última acción rexistrada sobre el (por Eusebio, 150 anos despois) é que en 190 ou 191 influíu sobre o bispo romano Vítor I para que non excomungase as comunidades cristiás de Asia Menor que seguían a celebrar a Pascua o 14 de Nisán (é dicir, na data tradicional xudía).
Descoñécese cando morreu, mais ocorrería a finais do século I ou comezos do II. Algúns católicos e ortodoxos considérano mártir.Gregorio de Tours é o primeiro en mencionar a tradición que considera que Ireneo foi mártir. Foi sepultado baixo a Igrexa de San Xoán de Lión, despois renomeada Santo Ireneu no seu honor. En 1562 a tumba e os seus restos foron destruídos polos hugonotes.
Escritos Ireneu escribiu varias obras, pero a máis importante que se conserva e Adversus haereses, en cinco volumes. Porén, non fica ningunha versión completa do seu orixinal grego, senón unha antiga versión latina, probablemente do século III, e trinta e tres fragmentos dunha versión siríaca e unha versión armenia completa dos libros 4 e 5.Richard A. Norris, Jr, 'Irenaeus of Lyons', en Frances Young, Lewis Ayres and Andrew Louth, eds, The Cambridge History of Early Christian Literature, (2010), p. 47
Tamén escribiu A demostración da prédica apostólica, da que se descubriu unha copia armenia en 1904, e que parece unha instrución para cristiáns convertidos recentemente.The Development of the Canon of the New Testament - Irenaeus". En liña en http://www.ntcanon.org/Irenaeus.shtml . Consultado o 24 de novembro de 2014.
Eusebio atesta outras obras de Ireneu, hoxe perdidas, incluíndo Sobre a Ogdoade, unha carta sen título dirixida a Blasto sobre o cisma, Sobre o suxeito do coñecemento, Sobre a monarquía ou Como Deus non é a causa do mal. Pese á ampla influencia de Ireneu sobre a seguinte xeración –tanto Hipólito como Tertuliano beberon libremente nos seus escritos– ningunha das súas obras –salvo Contra as herexías e A demostración da prédica apostólica– se preservou ata hoxe, talvez por mor da súa esperanza literal nun milenio terrestre, que o convertería nunha lectura non grata no oriente grego.Henry Chadwick, The Early Church. Penguin Group, 1993, p. 83
Adversus haereses A obra foi escrita en grego en 180, mais axiña traducida ao latín. Ten cinco volumes ou libros. No primeiro Ireneu fala dos gnósticos valentinianos e os seus predecesores, quen fai remontar a Simón o Mago. No segundo libro tenta probar que o valentinianismo non ten méritos doutrinais. No terceiro pretende demostrar a falsidade desa herexía con evidencias que colle dos evanxeos. O cuarto libro consiste en ditos de Xesús, e Ireneu salienta a unidade do Antigo testamento cos Evanxeos. No último volume Ireneu céntrase en máis ditos de Xesús e ademais nas cartas de Paulo o Apóstolo.Grant, Robert M., Irenaeus of Lyons, p. 6. Routledge 1997
O propósito de Contra as herexías foi refutar os ensinos de diversos grupos gnósticos; aparentemente, varios mercadores gregos comezaran unha campaña oratoria no bispado de Ireneu, ensinando que o mundo material era unha creación accidental dun deus mao, do cal temos que escapar procurando a gnose (coñecemento). Ireneu sostivo que a verdadeira gnose é o coñecemento de Cristo, que redime, máis que liberar da existencia corpórea. Ata a descuberta da Biblitoteca de Nag Hammadi en 1945, Contra as herexías foi a mellor descrición do gnosticismo que se tiña. De acordo con algúns estudosos bíblicos, o achado de Nag Hammadi amosou que a descrición de Ireneu sobre o gnosticismo era moi cuestionable.Pagels, Elaine. Beyond Belief, Pan Books, 2005. p. 54Robinson, James M., The Nag Hammadi Library, HarperSanFrancisco, 1990. p. 104. Aínda que correcta nalgúns detalles sobre o sistema de crenzas de diversos grupo, o principal propósito de Ireneu era previr aos cristiáns respecto ao gnosticismo, máis que catalogar esas crenzas. Ireneu describe aos gnósticos como libertinos sexuais, por exemplo, cando algúns dos escritos destes grupos avogan pola castidade con máis énfase que os textos ortodoxos —se ben os textos non poden ser tidos como guías das prácticas reais, das que non se sabe fiablemente case nada ata hoxe.Pagels, Elaine. The Gnostic Gospels, Vintage Books, 1979. p. 90.Ehrman, Bart D., Lost Christianities (Oxford University Press, 2005), p. 121. Porén, polo menos un estudoso, Rodney Stark, sostén que a propia Biblioteca de Nag Hammadi proba que Ireneu tiña razón.Stark, Rodney. Discovering God (New York: HarperCollins, 2007), pp. 325–327 Por exemplo, Ireneu escribiu: "Declaran que Xudas o traidor estaba completamente informado destas cousas, e que só el, coñecendo a verdade coma ningún outro, cumpriu o misterio da traizón; por el [Xudas] todas as cousas son así botadas na confusión. Eles crean unha historia ficticia desta clase, a cal intitulan o Evanxeo de Xudas."Ireneo. Contra as herexías, I:31.1. Esta afirmación resultou confirmada pola descuberta do Evanxeo de Xudas, onde Xesús pide a Xudas que o traizoe.
En calquera caso, os gnósticos non eran un só grupo, senón un conxunto de seitas. Algúns serían libertinos pois consideraban sen sentido a existencia corpórea; outros loaban a castidade e prohibían vehementemente calquera actividade sexual, mesmo o matrimonio.Stark, Rodney. Cities of God, Harper Collins, 2007. cap. 6
Escrituras Ireneu sinala como proba de ortodoxia as Escrituras, clasificando como tales non só o Antigo testamento senón a maioría dos libros hoxe coñecidos como Novo testamento,Cross, F. L., ed. The Oxford Dictionary of the Christian Church (Nueva York: Oxford University Press, 2005) e exclúe moitas obras, maioritariamente gnósticas, que xurdiran no século II e que reclamaban ter autoridade como escrituras.Encyclopaedia Britannica: Saint Irenaeus". Encyclopedia Britannica. Dispoñible en liña en http://www.britannica.com/biography/Saint-Irenaeus. Consultado o 24 de novembro de 2014. A miúdo Ireneu, como estudante de Policarpo, un suposto discípulo directo de Xoán, cría estar a interpretar as escrituras coa mesma hermenéutica que os apóstolos.Farmer, Hugh (1997). The Oxford Dictionary of Saints (Fourth ed.). Oxford: Oxford University Press. p. 250. ISBN 0-19-280058-2. Isto é importante, pois Ireneu sostiña que, aínda que tanto el como os gnósticos dicían basear os seus argumentos nas escrituras, el podía remontar a súa autoridade ata Cristo, e os gnósticos non, polo tanto, el tiña razón.J.T. Nielsen, Adam and Christ in the Theology of Irenaeus of Lyons: An Examination of the function of the Adam-Christ Typology in the Adversus Haereses of Ireaneus, against the Background of the Gnosticism of His Time. Van Gorcum's Theologische Bibliotheek. (Asen, The Netherlands: Koninkliijke Van Gorcum 7 Comp. N.V., 1968), p. 48-49. Tamén usou a "Regra da fe",Ireneo, Contra as herexías, III.4.2. e IV.33.7. un "proto-credo" con similitudes co credo dos apóstolos, como unha clave hermenéutica para soster que a súa interpretación das escrituras era a correcta.Paul Parvis, "Who was Irenaeus? An Introduction to the Man and His Work", en Irenaeus: Life, Scripture, Legacy, ed. Sara Parvis e Paul Foster (Minneanpolis: Fortress Press, 2012), 20.
Antes de Ireneu, os cristiáns diferían canto aos evanxeos que preferían. Os cristiáns de Asia Menor preferían o de Xoán. O de Mateu era o máis popular de todos.Harris, Stephen L., Understanding the Bible (Palo Alto: Mayfield, 1985) Ireneu afirmou que os evanxeos de Mateu, Marcos, Lucas e Xoán, eran escrituras canónicas."Pero non é posible que os Evanxeos sexan en número nin máis nin menos dos que son. Pois así como existen catro zonas do mundo no que vivimos e catro ventos principais, como a igrexa espallouse por todo o mundo, e como a 'columna e base" da Igrexa é o Evanxeo e o espírito de vida, é xusto que sexan catro piares, que respiren incorruptibiliade por todos os lados, e vivifiquen o humano outra vez. A partir deste feito, está claro que o Logos, o Demiurgo Formador de todo, el que se senta por sobre os querubíns e une todas as cousas, cando se manifestou á humanidade, deunos o evanxeo baixo catro formas, pero unidos por un só espírito". Contra as Herexias 3.11.8 Así deu o testemuño máis antigo a favor dos catro evanxeos ata hoxe considerados canónicos. Posiblemente o fixera reaccionando contra a versión editada de Lucas feita por Marción, quen afirmaba que o de Lucas era o único evanxeo verdadeiro.Brown, Raymond E. An Introduction to the New Testament, p. 14. Anchor Bible; 1ª edición (13 de outubro de 1997). Dispoñible en liña en http://www.amazon.com/gp/reader/0385247672/. ISBN 978-0-385-24767-2."The Development of the Canon of the New Testament - Irenaeus". Dispoññible en liña en http://www.ntcanon.org/Irenaeus.shtml . Consultado o 24 de novembro de 2014.