Andreas René Uldum, nado o 21 de abril de 1979 en Qeqertarsuaq, é un músico e político groenlandés.
Traxectoria Diplomado en traballo social, fíxose famoso no seu país como guitarrista da banda de rock DDR, formada en 2002Ficha de DDR en greenlandicpopularmusic.com (en dinamarqués). No ano 2007 debutou como solista co CD de música infantil, Angakkuakkatut. Membro do Parlamento desde 2009, entre 2013 e 2014 foi tamén concelleiro e vicealcalde de Sermersooq.
En 2014 o seu partido, os Demócratas, elixiuno como o seu presidente e tras as eleccións xerais dese ano converteuse en viceprimeiro ministro e ministro de finanzas.Mads Dollerup-Scheibel: Anda Uldum: The man with the key to the national coffers and the mines Nordic Labour Journal, 6 de marzo de 2015. En novembro de 2015 anunciouse que Andreas Uldum collera unha baixa por estrés, nomeándose de forma temporal un novo ministro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil na web do parlamento (inglés)
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Groenlandia Categoría:Deputados do Parlamento de Groenlandia Categoría:Groenlandeses de ascendencia dinamarquesa