Delio Fernández Cruz, nado en Moaña o 17 de febreiro de 1986, é un ciclista profesional galego.

Traxectoria Comezou a practicar aos 5 anos. A esa idade gañou o seu primeiro premio por ser o ciclista máis novo. Aos 7 anos sacou a licenza para competir en ciclismo na rúa.

Fíxose ciclsita profesional no ano 2008, con 21 anos. Practica o ciclismo de estrada e de ruta.

A súa mellor carreira foi a Volta a España no ano 2010.

En categorías inferiores destacou como ciclista de ciclocrós, chegando a participar nos mundiais da especialidade. En categoría Sub23 pasouse definitivamente ao ciclismo en estrada obtendo algúns postos de mérito que lle valeron para dar o salto ao profesionalismo da man do Xacobeo Galicia, en 2008. Desde o seu debut, desempeñouse como gregario e tivo opción de participar nas carreiras máis importantes que disputaba o seu equipo.

En 2010, trala desaparición do Xacobeo Galicia, foi dos poucos compoñentes do equipo que puido manterse en categoría de afeccionados, nas filas do equipo luso Onda, equipo onde permaneceu até 2012 sendo un dos ciclistas máis destacados da formación. Na tempada 2013 fichou polo equipo continental de Portugal OFM-Quinta da Lixa.

Palmarés 2013 1 etapa da Volta a Portugal Gran Premio Liberty Seguros 2014 Trofeo Joaquim Agostinho 2015 2 etapas da Volta a Portugal

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Delio Fernández (sitiodeciclismo.net)

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Ciclistas de Galicia