Haskell Wexler, nado en Chicago (Illinois) o 6 de febreiro de 1922 e finado en Santa Monica (California) o 27 de decembro de 2015 foi un director de fotografía, produtor e director de cinema estadounidense. Foi considerado un dos máis influentes directores de fotografía da historia.

Traxectoria Wexler naceu en Chicago en 1922, nunha familia xudía. Tras un ano na Universidade de California, Berkeley decidiuse converterse en cineasta. En Chicago realizou varios documentais, como The Living City, que foi candidato ao Oscar á mellor curtametraxe documental.

En 1947 converteuse en axudante de cámara, traballando en documentais, docudramas e anuncios para a televisión. En 1963 traballou por primeira vez nun filme de grande orzamento, América, América, de Elia Kazan.

Foi candidato ao Oscar á mellor fotografía en cinco ocasións, e gañouno por ¿Quen teme a Virginia Woolf? (1966) e Bound for Glory (1976). Este último foi o primeiro filme no que se empregou a Steadicam.

Wexler tamén dirixiu filmes como Medium Cool (1969), Latino (1985) e From Wharf Rats to Lords of the Docks (2007).

Filmografía

Stakeout on Dope Street, 1958 The Savage Eye, 1960 Hoodlum Priest, 1961 Angel Baby, 1961 Face in the Rain, 1963 América, América, 1963 The Best Man, 1964 The Loved One, 1965 (also producer) ¿Quen teme a Virginia Woolf?, 1966 Na calor da noite, 1967 O caso Thomas Crown, 1968 Medium Cool, 1969 (tamén director e guionista) American Graffiti, 1973 ("Visual Consultant") Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975 Bound for Glory, 1976 O regreso, 1978 Days of Heaven, 1978 Second-Hand Hearts, 1981 Lookin' to Get Out, 1982 The Man Who Loved Women, 1983 Matewan, 1987 Colors, 1988 Three Fugitives, 1989 Blaze, 1989 Other People's Money, 1991 The Babe, 1992 The Secret of Roan Inish, 1994 Canadian Bacon, 1995 Mulholland Falls, 1996 The Rich Man's Wife, 1996 Limbo, 1999 61*, 2001 Silver City, 2004 The Writer with No Hands, 2014 (cameo)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Documental sobre Medium Cool Haskell Wexler, ASC, Focuses on the Making of Matewan John Patterson, "Through a lens darkly", The Guardian, entrevista, 2 de xuño de 2006 Underground Album en Smithsonian Folkways Entrevista a Wexler Haskell Wexler Dead at 93: Legendary Cinematographer, Activist Captured the Struggles of Our Times, Democracy Now!, 28 de decembro de 2015

Categoría:Personalidades do cinema Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2015