Rusted Root é un grupo musical dos Estados Unidos orixinario de Pittsburgh, Pensilvania coñecido pola súa fusión de acústico, rock e outros estilos de música, como ritmos africanos, latinoamericanos e nativos americanos. Rusted Root vendeu máis de tres millóns de álbums en todo o mundo.

A banda acadou a fama en 1994 co seu álbum When I Woke, no cal estaba incluído o sinxelo "Send Me On My Way". A canción tivo moito éxito e foi incluído en filmes como Matilda, Ice Age, e en anuncios comerciais.

Membros Michael Glabicki – Voz, guitarra, harmónica, mandolina Patrick Norman – Baixo, coros, percusión Liz Berlin – Percusión, coros Corey Caruso – Percusión, coros Dirk Miller – Guitarra, coros

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Grupos musicais formados en 1990 Categoría:Artistas de Island Records