San Pedro de Rebón é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o IGE en 2009 tiña 412 habitantes (215 mulleres e 197 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 422 habitantes.
Patrimonio A igrexa de San Pedro de Rebón é do século XII, pero só se conserva a parte da ábsida, o resto foi modificado nunha reforma do século XIX. Tamén posúe dous baldaquinos no seu interior.
Galería de imaxes
Rebón na cultura popular galega Para pan de trigo, Caldas;/ para molete, Padrón;/ para nenas arrogantes/ en San Pedro de Rebón.F. Bouza Brey: “As terras pontevedresas nas cántigas populares”, en Etnografía y folklore de Galicia II, Xerais 1982, 129-134 (publicado no Libro de Oro de la provincia de Pontevedra, Vigo 1930).
Lugares e parroquias Lugares de Rebón
Parroquias de Moraña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Moraña
Categoría:Parroquias de Moraña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro