miniatura|Representación da estrutura cristalina de raios X do complexo Tus-proteína Ter-ADN. (Jmol de coas febras de ADN en rosa e verde.) Tus (do inglés terminus utilization substance) é unha proteína que se une ás secuencias terminadoras da replicación do ADN e actúa en contra da helicase DnaB cando entra en contacto cunha helicase que avanza. Ademais, a unión da proteína Tus detén de forma efectiva o movemento da ADN polimerase, polo que non pode progresar a replicación do ADN. Deste modo, Tus axuda á terminación da replicación do ADN en procariotas.Slonczewski, Joan, and John Watkins. Foster. Microbiology: An Evolving Science. New York: W.W. Norton &, 2009. Print.
En Escherichia coli, a proeína Tus únese a 10 sitios moi relacionados do seu cromosoma. Estes sitios comprenden 23 pares de bases, denomínanse sitios Ter, e desígnanse como TerA, TerB, ..., TerJ. Estes sitios de unión son asimétricos, o que determina que non actúen igual segundo o sentido en que avanza a forquita de replicación, o que depende das secuencias de nucleótidos que hai nos dous extremos dos sitios Ter. Cando unha forquita de replicación que avanza se encontra nunha dirección co complexo Tus-Ter (a proteína Tus unida so sitio Ter do ADN), o complexo disóciase e a replicación continúa (é permisiva). Pero cando no seu avance se encontran na outra dirección, o complexo Tus-Ter supón unha barreira cinética maior e detén a replicación (é non permisiva). Os múltiples sitios Ter que hai no cromosoma están orientados de maneira que as dúas forquitas de replicación que se moven en direccións opostas quedan ambas bloqueadas na rexión de terminación desexada.
Bacillus subtilis utiliza a proteína terminadora da replicación (RTP) en vez da Tus.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Estrutura en Protein Data Bank
Categoría:Replicación do ADN Categoría:Proteínas