A Emlyon Business School é unha escola de negocios con vocación internacional, con campus propios en París, Lión, Saint-Étienne e CasablancaEM Lyon s’installe à Casablanca , así como outros asociados en Shanghai.
Descrición Esta institución, fundada en 1872, é unha das máis antigas escolas de negocios do mundo. Imparte unha trintena de programas formativos -entre másters, MBA e formación para altos directivos- que contan coa tripla acreditación internacional de EQUIS, AACSB e AMBABernard Belletante (EM Lyon) : "Toutes les écoles de management n'arriveront pas à survivre au niveau mondial dans les 10 ans à venir". Defínese como a escola de negocios para Europa e está recoñecida como unha das mellores business school do mundo en formación de directivos, segundo revela o último ránking de escolas de negocios do Financial TimesEuropean Business School Rankings 2014 .
A escola, cunha rede de 26.000 antigos alumnos en 107 países e un claustro de mestres internacional e plurilingüe, recibe anualmente ao redor de 3.300 estudantes procedentes de 80 nacionalidades.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial
Categoría:Escolas de negocios