Jableh (: جبلة Ǧabla), tamén soletreado Jebleh, Jabala, Jablah ou Gabala, é unha cidade costeira do mediterráneo en Siria, 25 km ao norte de Baniyas e 25 km ao sur de Latakia, con arredor de 80000 habitantes (2008). A cidade alberga a tumba e a mesquita do sultán Ibrahim Bin Adham, un famoso místico sufí que renunciou ao seu trono e dedicouse á oración polo resto da súa vida.Google Books Travels In Asia And Africa, 1325-54 By Battuta Ibn, Ibn Batuta Translated by Sir Hamilton Gibb (1996) ISBN 81-206-0809-7 p. 62
Historia left|miniatura|O teatro romano de Jableh Jableh estivo habitado desde polo menos o segundo milenio a. C. A cidade foi parte do reino ugarita e foi mencionada como "Gbʿly" nos arquivos da cidade arredor de 1200 a. C. Na Antigüidade Jableh foi unha cidade romana importante. Un dos restos principais deste período é un teatro, capaz de aloxar arrdor de 7000 espectadores. Restos aínda máis antigos atopáronse preto da beiramar, datados na Idade de Ferro ou a Era fenicia.
No período medieval, Jableh foi parte do Principado de Antioquía, un dos Estados Cruzados, até que foi capturada por Saladino en 1189 durante a Terceira Cruzada. Un residente famoso foi Hugo de Xabala, o bispo da cidade, quen informou da caída de Edesa ao papa Uxío III, e foi a primeira persoa a falar do Preste Xoán.
A menos dun quilómetro do centro de cidade xace o sitio antigo de Gibala, hoxe coñecido como Tell Tweini. Esta cidade foi habitada desde o terceiro milenio a. C. até o período persa.
Economía A maioría da poboación Jableh depende da agricultura para subsistir, cultivan laranxas e limóns, olivas. No medio rural atópase un gran número de invernadoiros para o cultivo de hortalizas. No centro da cidade os habitantes traballan no comercio e hai pequenas fábricas de algodón e de zume de laranxa.
Notas
Categoría:Cidades de Siria