Angostura trifoliata ou Galipea cusparia, coñecida como angostura, é unha especie fanerógama de planta medicinal, árbore da familia das rutáceas orixinaria de Suramérica. A súa cortiza emprégase polos seus principios amargos. É orixinaria de Venezuela.

Descrición É unha árbore duns 15 a 25 m de altura con follas trilobuladas de até 6 dm de longo, de desagradable e picosa fragrancia, sobre longos pecíolos; as folliñas son ovo-lanceoladas, sésiles, afiadas e posúe puntos brancos na face.

As flores xorden en longos acios axilares, de cor branca e con penachos peludos na parte exterior. A cortiza é de cor marrón-gris.

Propiedades A planta angostura (Galipea officinalis, Angostura trifoliata) ten forma similar a dun arbusto e foi estudada polo seu potencial antibiótico e actividade citotóxica (destrúe as células). Considérase que a cortiza é a fonte principal destas propiedades medicinais.

Aínda que a angostura (árbore) e o licor amargo de Angostura comparten o nome, o licor é chamado así pola cidade de Angostura, Venezuela, é dicir, que, pola contra do que se cre popularmente, non fai uso da Angostura trifoliata.

Usos A codia, pois, posúe as seguintes propiedades medicinais. Úsase como tónico amargo, herba aromática, estimulante respiratorio, estomacal, febrífugo, carminativo. En doses altas tamén é algo vomitiva e laxante (antidiarreicos e antiespasmódicos). En tratamentos de gastrites crónicas, dispepsia, falta de apetito, hipoacidez gástrica. En coctelaría é moi apreciada, pois é o ingrediente principal de bebidas tipo Bíter, que é unha bebida alcohólica aromatizada con esencias de herbas e que ten un sabor amargo. Os indios fan uso da cortiza con po de aspersión na auga, que se utiliza para atordar os peixes.

Taxonomía Angostura trifoliata foi descrita por (Willd.) T.S.Elias e publicado en Taxon 19:575. (1970) en Trópicos Sinonimia Angostura cuspare Roem. & Schult. (1819) Bonnetia trifoliata Walp. (1842) Bonplandia angostura Rich. (1811) Bonplandia angostura Spreng. (1824) Bonplandia candolleana Spreng. (1824) Bonplandia cuneifolia Spreng. (1824) Bonplandia trifoliata Willd. (1802) Cusparia angostura (Rich.) A.Lyons (1900) Cusparia febrifuga Humb. ex DC. (1822) Cusparia febrifuga Humb. (1807) Cusparia officinalis Engl. (1896) Cusparia trifoliata (Willd.) Engl. (1874) Galipea corymbosa Spreng. (1827) Galipea cusparia A.St.-Hil. ex DC. (1824) Galipea officinalis J.Hancock (1829) Galipea trifoliata (Willd.) H.Karst. (1895) Portenschlagia trifoliata Pohl ex Engl. (1874) Sciuris officinalis Oken (1841) en PlantList Bonplandia trifoliata Willd. basónimo (1804)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Rutáceas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Plantas descritas en 1770