Narcos é unha serie de televisión estadounidense creada e producida por Chris Brancato, Carlo Bernard e Doug Miro. A tempada 1, formada por 10 episodios, foi emitida o 28 de agosto de 2015 a través de Netflix. Ambientada e rodada en Colombia, a tempada 1 conta a historia do narcotraficante Pablo Escobar, que se converteu en billonario a través da produción e distribución de cocaína, e das interaccións de Escobar con outros señores da droga e con axentes da DEA. A serie foi renovada para unha segunda tempada o 3 de setembro de 2015, a cal se estreou no 2016. A terceira tempada estreouse o 1 de setembro de 2017.

O 18 de xullo de 2018, os directores anunciaron que a cuarta tempada sería como unha nova serie orixinal de Netflix, titulada Narcos: Mexico. A nova serie, estreada o 16 de novembro de 2018Netflix 'Narcos: Mexico' está ambientada no México da década de 1980.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fariña (serie de televisión) Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2017 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Narcotráfico Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1980