Xavier Domènech i Sampere, nado en Sabadell o 2 de decembro de 1974, é un historiador e político catalán. É profesor de Historia na Universidade Autónoma de Barcelona, activista en diversos movementos sociais, entre eles o 15-M e membro de Procés Constituent a Catalunya, membro da executiva de Barcelona en Comú e comisionado de Estudos Estratéxicos e Programas de Memoria do Concello de Barcelona.
Encabezou a candidatura de confluencia En Comú Podem creada para concorrer ás eleccións xerais do 20 de decembro de 2015 nas circunscricións electorais catalás, formada por Barcelona en Comú, Podem, ICV e EUiA. A coalición foi a lista máis votada en Cataluña.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigos de Xavier Domènech en El Diario Xavier Domènech: “La mala lectura de la transició instal·la els moviments socials en la derrota”
Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados en 1974 Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)