Agustín Malvido Broullón, nado en Cangas de Morrazo o 28 de outubro de 1928 e finado o 5 de xaneiro de 2023, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Orfo aos catro anos. Aos oito anos trasladáronse a Vigo onde continuou no colexio Mestres Goldar. En 1940 entrou a traballar no Real Club Náutico de botóns, despois traballou de aprendiz na fábrica de Álvarez. En 1944 entrou a traballar de aprendiz de vidreiro en Vidros da Florida onde traballou até 1978 cando pechou a empresa. Foi vicesecretario provincial do sindicato vertical de construción, vidros e cerámica. En 1976 afiliouse ao SOG, foi elixido secretario comarcal da ING. Militante da UPG, foi candidato ao Senado polo BN-PG nas eleccións de 1979. Entre abril e maio de 1981 pola crise interna na UPG entre os partidarios de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, o sector minoritario entre os que se encontraba Agustín Malvido e Francisco García Montes, e aqueles que se opuñan, o sector maioritario, foi expulsado da UPG xunto con todo o grupo.Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo Gallego Foi representante da CIG no Consello da Terceira Idade da Xunta de Galicia.

Recoñecementos Vigués distinguido en 1998.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Sindicalistas da INTG Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Vigueses distinguidos