Julio Pérez de Guerra, nado en Chantada o 23 de xullo de 1893,La Estafeta Literaria, 324-325. foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Martín Pérez Pérez e Antonia Guerra Díaz-Varela. Colaborou en Ilustración Gallega. Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e formou parte da redacción de El Debate. Retornou a Chantada cando rematou a carreira en 1917 e foi redactor de El Centinela, correspondente de La Región e El Eco de Galicia, e colaborou en Vida Gallega e La Gaceta del Norte de Bilbao. Dende 1918 pasou a residir en Lugo para ser redactor-xefe,El Regional, 23-5-1918, p. 2. e logo director de La Voz de la Verdad (1920-1921). Colaborou en El Ideal Gallego, Galicia Social Agraria e El Progreso. Foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo. Vinculado ao sindicalismo católico agrario, foi secretario da Unión Patriótica e concelleiro do concello de Lugo durante a ditadura de Primo de Rivera. Foi directivo das Irmandades da Fala de Lugo. En 1930 ingresou por oposición no Corpo de Secretarios. Foi secretario do Concello de Lugo dende 1956.La Voz de Galicia, 3-7-1956, p. 7.
Obras miniatura|150px|Julio Pérez de Guerra e José Vega Blanco en Lugo 1920.
É autor dos folletos Ayuntamiento de Lugo. Memoria redactada por A... (1939) e Horas de Hispanidad. Hombres, hechos y problemas (1940).
Vida persoal
Casou en Chantada con Milagros Vázquez Campo en 1918.El Correo de Galicia, 7-8-1918, p. 4. Notas
Véxase tamén
Bibliografía "PÉREZ DE GUERRA, Julio", artigo na Gran Enciclopedia Gallega
Categoría:Avogados de Chantada Categoría:Xornalistas de Chantada Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1893