Mocidades Galeguistas (MMGG) foi unha organización xuvenil galega fundada en 1987 coma Mocidades Nacionalistas Galegas. A súa ideoloxía era o social liberalismo, o federalismo, o republicanismoESTATUTOS DAS MOCIDADES GALEGUISTAS. e o nacionalismo galego moderado, defendendo o encaixe de Galiza nunha España federal.

Historia MMGG foi fundada en 1987 coma as xuventudes do Partido Nacionalista Galego co nome Mocidades Nacionalistas Galegas, fusionándose en 1988 coas Mocedades Galeguistas do Partido Galeguista Nacionalista e parte da Mocidade Nacionalista Galega de Coalición GalegaRefundando a MNG. El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia..

En 1992 integráronse no Bloque Nacionalista Galego xunto co PNG-PG. En 2002 o PNG-PG declarou que as MMGG xa non eran o seu referente xuvenil despois dunha crise interna.

Finalmente, en 2012 MMGG deixou o BNG e uniuse ao proxecto de Compromiso por GaliciaEl PNG-PG abandona el BNG y analiza su integración en otro proyecto "galleguista" El Mundo. 19/03/2012. Dende ese ano a organización non ten feito ningunha aparición pública, tendo publicado o último número da súa revista en abril de 2012Terra Celta..

Notas

Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Nacionalismo galego Categoría:Liberalismo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Mocidades políticas de España