Onofre Agustín Marimón, nado en Zárate (Provincia de Buenos Aires) o 23 de decembro de 1923 e finado o 31 de xullo de 1954, foi un piloto de carreiras arxentino. Foi a primeira vítima mortal da Fórmula Un da historia.

Traxectoria Participou en 11 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 1 de xullo de 1951. Logrou 2 podios, e anotou un total de 8 1⁄7 puntos no campionato.

Marimón morreu o 31 de xullo de 1954 durante a práctica para o Gran Premio de Alemaña de 1954, converténdose no primeiro piloto en resultar mortalmente ferido nun Gran Premio do Campionato do Mundo que non foran as 500 Millas de Indianápolis.

O Maserati de Marimón saíuse da pista de Nürburgring na curva Breidscheid cerca da ponte Adenauer logo de perder o control cando intentaba mellorar o seu tempo de cualificación. Morreu no fondo dun barranco. Na baixada de Adenauer ía rápido, pero non logrou negociar unha curva brusca na parte inferior. Marimón impactou cunha gabia, e o seu Maserati cortou unha árbore e deu varias voltas de campá. Quedou atrapado debaixo do coche, xa que se pousou sobre a súa parte superior coas rodas virando no aire. Marimón morreu aos poucos minutos de que os equipos de rescate liberárano. Pensábase que a súa unidade de freado fallou.

A morte de Marimón deixou ao equipo Maserati con catro pilotos. Os seus tempos na práctica non foran o suficientemente satisfactorios para entrar no top 5 do Gran Premio de Alemaña de 1954. O seu mellor tempo foi de 21,3 segundos por detrás do tempo récord de 9:50.1 establecido por Juan Manuel Fangio.Marimon, Star Auto Racing Pilot, Killed In Time Trial, New York Times, August 1, 1954, Page S7.

Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Scuderia Milano Maserati 4CLT/50 Milano 4 en liña SUI 500 BEL FRARet GBR ALE ITA ESP NC 0 Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM Maserati 6 en liña ARX 500 NED BEL3 FRA9 GBRRet ALERet SUIRet ITARet 11º 4 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARXRet 500 BELRet FRARet GBR3 ALENTS SUI ITA ESP 13º 4 1/7

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Anor Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Pos. Clase 1951 Henri Louveau José Froilán González Talbot-Lago T26 GS S 5.0 128NF 1953 S.P.A. Alfa Romeo Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 6C 3000 CM S5.0 22NFMotor

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Profile on OldRacingCars.com Biografía de Onofre Marimón (Funo!)

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 da Arxentina Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Milano Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición