En bioloxía molecular o dominio PLAT é un dominio proteico que se encontra en diversas proteínas asociadas a lípidos ou de membrana. O acrónimo PLAT vén de Policistina-1, Lipoxixenase, Alfa-Toxina e tamén se chama dominio LH2 (de Homoloxía de Lipoxixenase). O coñecemento que se ten da estrutura da lipase pancreática indica que este dominio se une á procolipase , a cal é unha mediadora na asociación a membranas.

Este dominio encóntrase en varias proteínas asociadas a lípidos. Forma un sándwich beta composto por dúas follas β formada cada unha por catro febras β.

Proteínas humanas que conteñen este dominio ALOX12; ALOX12B; ALOX12P2; ALOX15; ALOX15B; ALOX5; ALOXE3; LIPC; LIPG; LOXHD1; LPL; PKD1; PKD1L1; PKD1L2; PKD1L3; PKDREJ; PNLIP; PNLIPRP1; PNLIPRP2; PNLIPRP3; RAB6IP1;

Notas

Categoría:Dominios proteicos Categoría:Proteínas periféricas de membrana