miniatura|200x200px|Selo de Jacques de Vitry. Jacques de Vitry, nado arredor de 1160/70 e morto o 1 de maio de 1240, foi un cóengo regular francés, afamado teólogo e cronista da súa época. Foi elixido bispo en 1214 e feito cardeal en 1229.

Traxectoria Jacques naceu en Francia central (quizais Rheims) e estudou na Universidade de París. Converteuse, en cóengo regular en 1210 no Priorato de Saint-Nicolas d'Oignies na diocese de Liexa, posto que mantivo ata a súa consagración como bispo en 1216. Desde 1211 a 1213 predicou a Cruzada Albigense, visitando Francia e Alemaña con Guillerme, o arcediago de París, e recrutando moitos cruzados.Peter of les Vaux-de-Cernay, Historia Albigensis 285.

En 1214 Jacques foi elixido bispo de Acre. Recibiu a consagración episcopal e chegou á súa sé en 1216. Posteriormente estivo fortemente involucrado nao Quinta Cruzada, participando no asedio de Damietta desde 1218 a 1220. En 1219 empezou a escribir a Historia Hierosolymitana, unha historia da Terra Santa desde o xurdimento do islam ata as cruzadas da súa época, mais só completou dúas partes . Regresou a Europa en 1225.

Entre o 16 de abril e 29 de xullo de 1229, o papa Gregorio IX elevou Jacques ao Colexio dos Cardeais e trasladouno á sé suburbicaria de Frascati. Coa excepción dunha breve legación ao emperador Frederico II en 1232, pasou os seus últimos anos traballando na corte papal. Subscribiu as bulas papais entre o 29 de xullo de 1229 e o 23 de xuño de 1239. Morreu en Roma como decano do Sacro Colexio dos Cardeais. Os seus restos foron trasladados a Oignies e enterrados alí en 1241.

Nun documento emitido polo papa Gregorio o 14 de maio de 1240 aparece que de Vitry, pouco antes da súa morte, foi elixido como o patriarca latino de Xerusalén, mais esta elección ou non foi ratificada polo papa ou el mesmo rexeitounoa right|miniatura|Manuscrito de Sermones Vulgares, século XIII, por Jacques de Vitry Á parte da Historia, as súas obras inclúen centos de sermóns, e cartas ao papa Honorio III. Tamén escribiu sobre a vida inmoral dos estudantes da Universidade de París e a vida santa das beguinas de Liexa, en particular a súa Vida de Marie d'Oignies, cuxo consello inspirouno a facerse cóengo regular.Entrada biográfica en The Catholic Encyclopedia

Jacques de Vitry ficou fascinado polos poderes detidos polas beguinas, que era tal que se igualaban cos cregos da época, aínda que funcionasen fóra da propia igrexa.Fulton, Rachel, e Bruce W. Holsinger. A pesar de que este movemento non era recoñecido na igrexa, Jacques apelou perante o papa Honorio III para lexitimar o traballo da comunidade das beguinas, así como a diocese de Liexa, toda Francia e por todo o Sacro Imperio Romano.Coakley, John W. Women, men, and spiritual power female saints and their male collaborators.

Referencias

Bibliografía Iacobus de Vitriaco. Sermones vulgares vel ad status I, éd. J. Longère (Corpus Christianorum. Continuatio Mediaevalis 255), Turnhout: Brepols Publishers, 2013 (ISBN 978-2-503-54532-5) Lettres de Jacques de Vitry ed. R. B. C. Huygens. Leiden, 1960. The exempla or illustrative stories from the Sermones Vulgares of Jacques de Vitry ed. T. F. Crane. Londres, 1890. The Cardinals of the Holy Roman Church: consistory of December 1228 Agostino Paravicini Bagliani, Cardinali di curia e "familiae" cardinalizie dal 1227 al 1254, Padova 1972, pt. I, p. 99-112 Palestine Pilgrims' Text Society (1896): History of Jerusalem, by Jacques de Vitry, A.D. 1180

Categoría:Cardeais de Francia Categoría:Historiadores de Francia