A Residencia de Würzburg (en ) é un pazo barroco que se atopa na cidade alemá de Würzburg, no estado de Baviera.
Historia Foi orixinalmente deseñada polo arquitecto Johann Balthasar Neumann para o príncipe-bispo Johann Philipp Franz von Schönborn. A súa construción durou sesenta anos. Entre 1720 e 1744 completouse a estrutura exterior, mentres que o interior foi rematado en 1780.
Segunda guerra mundial O 16 de marzo de 1945, só unhas semanas antes do final da segunda guerra mundial, un ataque aéreo destruíu o 90% da casco antigo de Würzburg e queimou a Residencia case totalmente. O lume avanzou dende a cuberta superior e foi queimando os teitos de madeira e as paredes. Os mobles e os paneis das paredes salváronse porque se almacenaron antes noutro lugar.
Reconstrución As tarefas de restauración da Residencia comezaron trala final de guerra e non cesaron até o ano 1987, cando se completou e se abriu de novo o "Gabinete do espello". A súa reconstrución custou arredor de 20 millóns de euros.
Patrimonio da Humanidade No ano 1981, a Residencia Würzburg e os seus patios e xardíns foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e gozan dunha protección especial.
miniatura|centro|800px|Fachada do xardín da Residencia. miniatura|centro|800px|Vista frontal da Residencia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial A Residencia na páxina oficial de castelos e xardíns bávaros Visita virtual da Residencia e
Categoría:Arquitectura de Alemaña Categoría:Patrimonio da Humanidade en Alemaña Categoría:Museos de Alemaña