O éter de petróleo, tamén coñecido como bencina, nafta VM & P, nafta de petróleo, nafta ASTM ou ligroína, é unha mestura líquida de diversos compostos volatiles, moi inflamables, do grupo funcional dos hidrocarburos saturados ou alcanos, e non á serie dos éteres como erroneamente indica o seu nome. Emprégase principalmente como disolvente non polar.

O éter de petróleo obtense nas refinerías de petróleo como unha parte do destilado, intermedia entre a nafta lixeira e a máis pesada do queroseno. Ten unha densidade relativa comprendida entre 0,6 e 0,8, en función da súa composición. As seguintes fraccións de destilación do éter de petróleo están comunmente dispoñibles como produtos comerciais, en función da súa temperatura de ebulición: 30 a 40 °C, 40 a 60 °C, 60 a 80 °C, de 80 a 100 °C, de 80 a 120 °C e, ás veces, 100 a 120 °C. A fracción 60 a 80 °C emprégase a miúdo como substituto do hexano. O éter de petróleo é empregado principalmente polas compañías farmacéuticas no proceso de fabricación de fármacos. O éter de petróleo componse principalmente de pentano e utilízase ás veces no seu lugar, debido ao seu menor custo. O éter de petróleo non é tecnicamente un éter senón un alcano.

A bencina non debe confundirse co benceno. A bencina é unha mestura de alcanos, como pentano, hexano e heptano, mentres o benceno é un hidrocarburo aromático cíclico, de fórmula C6H6. Así mesmo, o éter de petróleo non debe confundirse coa clase de compostos orgánicos chamados éteres, que conteñen o grupo funcional R-O-R'. Tampouco debe confundirse coa gasolina.

Durante a segunda guerra mundial, nalgúns campos de exterminio nazis fixéronse experimentos para matar os prisioneiros con inxeccións de bencina.

Variedades Éter de petróleo 30º-40º Esta fracción está composta principalmente por pentano e isopentano, e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0 e algunhas das súas propiedades son as seguintesFicha de seguridade do éter de petróleo 30º-40 °C Panreac: Propiedade Valor Punto de ebulición : 30-40 °C Punto de inflamación : -56 °C Temperatura de auto ignición : 285 °C Límites de explosión (inf./sup.): 1,2 / 7,5 Vol. % Presión de vapor: (20 °C) 350 hPa Indicacións de perigo: Extremadamente inflamableNocivoPerigoso para medio ambiente Símbolos (pictogramas): Xn, F+, N Frases R: R-12 (extremadamente inflamable), R-38 (irrita a pel), R-48/20 (risco grave por inhalación), R-51/53 (tóxico no medio ambiente acuático), R-62 (risco para a fertilidade), R-65 (risco para organismos acuáticos) e R-67 (somnolencia e vertixe por inhalación de vapores) Frases S: S-16 (afastar do lume), S-23c (non respirar os vapores), S-24 (non respirar po), S-33 (evitar acumular cargas electrostáticas), S-36/37 (usar indumentaria e luvas de protección), S-61 (non liberar ao medio ambiente) e S-62 (en caso de inxestión, non vomitar) LC50: 3400 ppm/4h (rata; inhalación) Test EC50 (mg/l) : Peces = 159 mg/l Emprégrase como disolvente para diferentes usos de laboratorio, análise, investigación e química fina.

Éter de petróleo 40º-60º Esta fracción está composta principalmente por pentano e 2-metilpentano. Presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0Ficha de seguridade do éter de petróleo 40º-60 °C. Panreac. É miscible con triclorometano.

Éter de petróleo 50º-70º Esta fracción está composta principalmente por 2-metilpentano, 3-metilpentano e hexano. Presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0Ficha de seguridade do éter de petróleo 50º-70 °C. Panreac.

Éter de petróleo 60º-80º Esta fracción está composta principalmente por 3-metilpentano e hexano, e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0Ficha de seguridade do éter de petróleo 60º-80 °C. Panreac.

Éter de petróleo 65º-95º Esta fracción está composta por unha mestura de hidrocarburos e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0Ficha de seguridade do éter de petróleo 65º-95 °C. Panreac.

Ligroína ou éter de petróleo 30-65 °C A ligroína é unha fracción rica en hidrocarburos saturados, procedente do refinado de petróleo, similar ao éter de petróleo e utilizada principalmente como disolvente de laboratorio. Está composta fundamentalmente de cadeas carbonadas entre 7 e 11 átomos de carbono, cunha proporción aproximada de 55% de parafinas, 30% de monocicloparafinas, 12% de alquilbencenos e 2% de dicicloparafinas. É un disolvente non-polar con moi baixa forza de elución. O seu número CAS é 8032-32-4. Xeralmente a ligroína de laboratorio ferve entre 60 a 90 °CFicha de seguridade da ligroína Reagents S.A..

Exemplo de composición Dunha análise cromatográfica mediante unha cromatografía GC-MS para obter o espectro de masas de cada un dos compoñentes principais, obtívose a seguinte táboa. 0,26% (1-alfa,2-beta,4-beta)-1,2,3-trimetilciclohexano. 0,28% 2,4-dimetilheptano 0,41% 3-metiloctano 0,77% trimetilciclohexano 1,08% 1-etil-3-metilciclohexano 0,69% p-xileno 2,66% nonano 0,96% 1-etil-4-metil-ciclohexano 0,35% 1-etil-2-metil-ciclohexano 0,41% 2,4-dimetilhexano 0,88% trans-1-metil-e-(2-properil-)-ciclopentano 1,60% cumeno 1,58% propilciclohexano 1,58% 2,6-dimetiloctano 1,62% 1,4-ciclooctanodiona 0,59% metilciclooctano 4,74% propilbenceno 20,43% 1-etil-3-metilbenceno 0,78% trans-1-metil-4(1-metiletil)ciclohexano 0,89% 1-etil-2,3-dimetilciclohexano 6,66% 1,2,4-trimetilbenceno 14,66% 1,2,3-trimetilbenceno 0,52% 1-metilciclohepteno 10,07% 1-etil-3-metilbenceno 1,27% 4-ciclohexildecano 3,32% idano 0,52% hexilciclopentano 2,11% 1-metil-3-propilbenceno 3,91% 2-etil-1,3-dimetilbenceno 0,94% 1-metil-2-propilbenceno 1,72% 1-etil-2,3-dimetilbenceno 1,30% 1-metil-2-(1-metilletil)benceno 1,41% undecano 0,12% hexadec-1-eno 0,11% eicosano

Referencias

Ligazóns externas Ficha de seguridade do éter de petróleo 30-40 °C PRS, de Panreac.

Categoría:Alcanos Categoría:Hidrocarburos Categoría:Produtos derivados do petróleo Categoría:Solventes