miniatura| A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, tamén coñecida co acrónimo ARMH, é unha asociación española constituída en decembro de 2000. Ten por obxecto a localización das vítimas da represión durante a guerra civil española na zona controlada polo bando nacional en contra do réxime legalmente constituído. Entre esas vítimas figuran persoas asasinadas, xeralmente por falanxistas, e cuxos corpos, decote enterrados en fosas comúns, non puideron ser recuperados polas súas familias.Justicia cierra el mapa informático de fosas sin las comunidades del PP en El País o 29 de abril de 2010.
Creación As orixes da ARMH están na exhumación dunha foxa en outubro de 2000, na localidade de Priaranza do Bierzo. Nela atopáronse os restos de 13 persoas civís asasinadas por un grupo de pistoleiros falanxistas o 16 de outubro de 1936.
Os fundadores da asociación foron o sociólogo e xornalista Emilio Silva, presidente dende a súa constitución e neto dunha das vítimas de Priaranza, Santiago Macías, Palma Granados e Jorge López Franco. A data de febreiro de 2016 o vicepresidente é Marco Antonio González; a secretaria, María Teresa Rivas; e o tesoureiro, Jorge López.
Metodoloxía de traballo A ARMH estrutúrase arredor do traballo voluntario de máis de 5000 persoas, entre as que se atopan familiares das vítimas, estudantes ou profesionais de diferentes campos coma a arqueoloxía, a historia ou a antropoloxía entre outros.
O procedemento de investigación adoita iniciarse coa reclamación formal dun familiar sobre unha persoa desaparecida, mediante a presentación dunha ficha baseada no modelo do Grupo de Traballo sobre Desaparicións Forzadas da Organización das Nacións Unidas, xunto con outra información complementaria; A partir desta información, a asociación desenvolve a investigación histórica, a localización da fosa na que foi soterrada a vítima e, no caso de que houbera máis dunha vítima, a identificación localización e contacto cos familiares desta. Unha vez delimitado o punto de enterramento, e sempre que a intervención sexa tecnicamente viable, procédese á prospección, escavación e exhumación da fosa.
As tarefas de exhumación lévanse a cabo de xeito individualizado, documentando cada vítima por separado. Os restos son trasladados ao laboratorio que a asociación ten na universidade de León, onde o equipo de forenses voluntarios realizan unha identificación biolóxica e antropolóxica das vítimas así como a determinación da causa da morte.
Unha vez confirmada a identidade das vítimas, a asociación entrega dos restos ás familias nun acto público de carácter institucional.
Exhumacións Segundo a información proporcionada pola propia asociación, até 2014 a ARMH interviu 158 fosas, das que se recuperaron 1.337 vítimas en diferentes puntos do estado español. En Galicia, segundo datos do ano 2025, a entidade levou a cabo a exhumación de 23 fosas, nas que se localizaron 66 vítimas.
Entre as intervencións máis destacadas en Galicia figuran a exhumación realizada no 2007 na Fonsagrada, na que se recuperaron os restos de José Moreno Torres e outros membros do Batallón Galicia; e a intervención de 2023 no cemiterio de Bértoa (Carballo), que permitiu localizar os restos do pintor Francisco Miguel xunto cos de Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete.
Divulgación Paralelamente ás tarefas de exhumación, a asociación desenvolve en Galicia un labor de divulgación sobre a memoria democrática e a represión franquista. Esta labor inclúe a organización de actos e homenaxes, a instalación de elementos conmemorativos, edición de publicacións especializadas e a creación de recursos dixitais orientados á difusión histórica.
Entre os os proxectos de divulgación máis destacados figuran:
Exposición "O vello cárcere: dá guerra á posguerra", que pode visitarse permanentemente no cárcere de Lugo. Blog Memoria do Cárcere da Coruña, dedicado á recompilación das biografías dos presos políticos e a documentación das dinámicas represivas franquistas no cárcere da Coruña. Investigación sobre os deportados galegos a campos nazis, iniciada no 2017, que deu lugar a un acto de recoñecemento solemne no Parlamento de Galicia, a instalación de stolperstein na cidade da Coruña e en diversos concellos da provincia de Lugo. Divulgación da figura e a obra do pintor Francisco Miguel; intensificada tras a exhumación dos seus restos no ano 2023. A asociación promoveu a reedición dos Diarios de Syra Alonso, en colaboración con Alvarellos Editora, organizou un programa de actividades e charlas coa Deputación da Coruña, e presentou unha solicitude formal para que a Real Academia Galega de Belas Artes lle dedique o Día das Artes Galegas.
Publicacións en Galicia
Fernández Naval, F.X. (2024). Elexía: Julio Martínez Arias da porta de aires da Coruña ao aire de Mauthausen. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Lozano González, D. & Pereiro Álvarez, A. (2023). Deportados da cidade da Coruña a campos nazis. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Torres Celada, M. (2023). Un sol incoloro: Juan González del Valle, un intelectual gallego asesinado en el castillo de Hartheim (1941). Alkibla Proyectos Culturales. López Tuñas, J.M. (2022). Avelino García García: Raigames profundas. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Fernández Naval, F.X. (2020).Manuel Rodríguez Louro. Do Monte Pindo a Mauthausen. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Equipo de investigación da ARMH (2021) Martín Ferreiro Álvarez 1892-1941. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Pose, H. (2020) Aquela xente digna. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Villar Garrote, N. & Alonso Cambrón, M. (2018) Historia de vida de José Seijas Insua Carral-Barcelona-Mauthausen 1911-1942. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e Asociación Cultura Aberta de Carral. Lamela, L. (2024) Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica Pereiro Álvarez, A. (2022) Josefa y Otero resistentes! . Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. López Pérez, R. & Freire Sitjas (2024), M. Pedras da Memoria. Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
Webs divulgativas xestionadas pola Asociación Memoria do cárcere coruña
Deportados coruñeses
Deportados Lugo
Monumentos impulsados pola Asociación miniatura|Monumento á La Libertaria na praia de Oza, obra de Jorge Pastor O 29 de setembro de 2017, instalouse preto da praia de Oza (Coruña) un monumento os ocupantes da embarcación La Libertaria. No acto interviron familiares de José Moreno Torres, a voceira da ARMH, Carmen García-Rodeja, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, os poetas Cesáreo Sánchez Iglesias, Olga Patiño, Lois Alcayde, Francisco Fernández Naval e os músicos Carmen Torreiro e Francis Olivier. miniatura|206x206px|Pedra conmemorativa a Salud Torres e María del Valle en Mosteiro de Ribeira, Xinzo de Limia En novembro de 2019, instalaron en Ribeira de Sil (Xinzo de Limia) un monolito na memoria de María del Valle e Salud Torres, vítimas da represión franquista, no lugar no que foron soterradas ao non conseguir recuperar os corpos.
O 21 de agosto de 2020, xunto ao Concello de Malpica, inaugurouse na Casa do Pescador de Malpica unha placa en recordo dos tres malpicanos deportados ao campo de concentración de Mauthausen, cas intervencións dos familiares das vítimas, o alcalde de Malpica Walter Pardo e a voceira da ARMH Carmen García-Rodeja.
En setembro de 2020, inaugurabase en Ézaro un monumento en homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, veciño deportado ao campo de concentración de Mauthausen, ca presentación de Clara Bernal, a música de Carmen Torreiro, e as intervencións de familiares do deportado, Carmen García-Rodeja, Francisco Fernández Naval, o alcalde Jose Manuel Pequeño. miniatura|167x167px|Stolperstein de Adrián del Castillo Soutelo (A Coruña) O 19 de xullo de 2023, xunto ao Concello da Coruña eran instaladas as primeiras stolperstein no municipio, ca presenza de familiares dos homenaxeados, o artista Gunter Denming, a alcaldesa da cidade Inés Rey, representantes do resto do partidos da corporación municipal, e un nutrido grupo de cidadáns.
O 29 de xaneiro de 2026, instalabase en O Corgo un stolperstein en homenaxe a Rafael Pardo Vales, veciño deportado a campos de concentración nazis.
O 30 de xaneiro de 2026 colocaronse en Outeiro de Rei os stolpersteine en recordo de Aurelio Díaz Hortas e Vitorino Díaz Hortas, veciños deportados a campos de concentración nazis.
O 31 de xaneiro de 2026 instalouse en O Incio a stolperstein en recordo de Casto Martínez Parada, veciño deportado a campos de concentración nazis.
O 7 de febreiro de 2026 colocaronse en As Nogais as stolpersteine en homenaxe a Balbino Santín Aira, Liberio Valín García e Octavio López Reymondez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Álvarez, Asunción; Silva Barrera, Emilio (coord.). La memoria de los olvidados : un debate sobre el silencio de la represión franquista. Ámbito Ediciones, S.A., Valladolid, 2004. ISBN 978-84-8183-132-0. Belis i Garcia, Ricard; Armengou, Montse; Martínez i Muntada, Ricard. Las fosas del silencio ¿hay un holocausto español?. Nuevas ediciones de bolsillo, 2005. ISBN 978-84-9793-625-5. Casanova, Julián. Víctimas de la guerra civil. Editorial Temas de Hoy, 2006. ISBN 978-84-8460-476-1. Casanova, Julián. Morir, matar, sobrevivir: la violencia en la dictadura de Franco. Ediciones Crítica, 2004. ISBN 978-84-8432-506-2. Cobo Romero, Francisco. Franquismo y posguerra en Andalucía Oriental: represión, castigo a los vencidos y apoyos sociales al régimen franquista : 1936-1950. Universidad de Granada, 2005. ISBN 84-338-3328-6. El genocidio franquista en Valencia: las fosas silenciadas del cementerio. Icaria, 2008. ISBN 978-84-7426-996-3. García Colmenares, Pablo. Represión en una villa castellana de la retaguardia franquista, Dueñas (1936-1945). ARMH - Palencia, 2008. ISBN 978-84-612-6052-2. García Colmenares, Pablo. ¡Queriamos matarlos! : historia y memoria de la víctimas de la represión franquista enterradas en la ciudad de Palencia (1936-1945). Ayuntamiento de Palencia, 2008. ISBN 978-84-612-2320-6. Juliá Díaz, Santos. Víctimas de la guerra civil. Ediciones Temas de Hoy, 2004. ISBN 978-84-8460-333-7. Sánchez Tostado, Luis Miguel. Víctimas: Jaén en guerra (1935-1950). Ayuntamiento de Jaén, 2005. ISBN 978-84-88183-92-7. Moreno Gómez, Francisco. 1936: el genocidio franquista en Córdoba. Crítica, Barcelona, 2008.ISBN 978-84-7423-686-6. Prada Rodríguez, Julio. De la agitación republicana a la represión franquista : Ourense 1934-1939. Ariel, Barcelona, 2006. ISBN 978-84-344-5208-4. Silva Barrera, Emilio; Macías, Santiago. Las fosas de Franco. RBA Coleccionables S.A., 2006. ISBN 978-84-473-4426-0. Silva Barrera, Emilio. Las fosas de Franco: crónicas de un desagravio. Ediciones Temas de Hoy, 2006. ISBN 978-84-8460-479-2. Villarroya i Font, Joan [et al.] - ARMH Valladolid - ARMH Palencia (coord.). La represión franquista : mito, olvido y memoria. Universidad de Valladolid, Centro Buendía, 2006. ISBN 84-689-9763-3.
Outros artigos Depuración franquista do maxisterio
Categoría:Guerra civil española
Categoría:Asociacións de España Categoría:Memoria