Ian Burgess nado o 6 de xullo de 1930 e finado o 19 de maio de 2012 era un piloto de carreiras británico, nado en Londres. Participou en 20 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un,Grand Prix Data Book debutou o 19 de xullo de 1958, e numerosas carreiras de Fórmula Un fóra de campionato. Non logrou anotou ningún punto para o campionato.
Andaina Burgess comezou a competir en 1950 cun Cooper de Fórmula 3 e tivo unha exitosa tempada en 1951 incluíndo unha vitoria en Nürburgring antes de pasar aos coches deportivos e Fórmula Dúas, onde tivo menos éxito.
Burgess comezou a traballar para Cooper, tanto na súa fábrica como na escola dos seus pilotos situada en Brands Hatch e correu nun coche oficial de Fórmula 2 en 1957, cando alcanzou o cuarto lugar na Oulton Park Gold Cup. Isto levouno a pilotar co equipo de Tommy Atkins en 1958, cunha máquina similar. Gañou en Crystal Palace e Snetterton e logrou o cuarto posto en Reims e Montlhéry. Con todo, unha perna rota en AVUS puxo fin á súa tempada, pero non antes de que fixera o seu debut na Fórmula Un con Cooper no Gran Premio do Reino Unido.
Burgess regresou en pilotando un Cooper T51- Maserati da Scuderia Centro Sud, a súa mellor posición final foi sexto no Gran Premio de Alemaña. Continuou co equipo en con pouco éxito.
Para incorporouse ao equipo americano Camoradi International, competindo en cinco Grandes Premios (tres saídas) cun mellor resultado de 12º no Gran Premio de Alemaña. Trasladouse ao equipo Anglo American Equipe en competindo en tres Grandes Premios, o deu mellor final foi 11º. foi o seu último ano nas carreiras e competiu en dous Grandes Premios co equipo Scirocco-Powell, retirándose en ambos.
Burgess morreu en Harrow, aos 81 anos de idade.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Anor Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Cooper Car Company Cooper T45 Climax 4 en liña ARX MON NED 500 BEL FRA GBRRet NC 0 High Efficiency Motors Cooper T43 (F2) ALE7 POR ITA MAR Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati 4 en liña MON 500 NED FRARet GBRRet ALE6 POR ITA14 USA NC 0 Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati 4 en liña ARX MONNSC 500 NED BEL FRA10 GBRRet POR ITA USARet NC 0 Camoradi International Lotus 18 Climax 4 en liña MON NEDNTS BELNTS FRA14 GBR14 NC 0 Cooper T53 ALE12 ITA USA Anglo American Equipe Cooper T53 Climax 4 en liña NED MON BEL FRA GBR12 ALE11 ITANSC USA RSA NC 0 Scirocco-Powell Scirocco 02 BRM V8 MON BEL NED FRA GBRRet ALERet ITA USA MEX RSA NC 0
Notas
Profile at grandprix.com Hayhoe, David & Holland, David (2006). Grand Prix Data Book (4th edition). Haynes, Sparkford, UK. ISBN 1-84425-223-X
Véxase tamén
Ligazóns externas Ian Burgess profile at The 500 Owners Association
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Camoradi Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scirocco-Powell Categoría:Nados en Londres