San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.

No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.

Nesta parroquia naceu o sacerdote Manuel Gómez González.

Romarías

Cada 29 de xullo celébrase a romaría de Santa Marta, que posúe como singularidade unha famosa procesión de cadaleitos arredor da igrexa parroquial. Dentro dos cadaleitos van persoas vivas que deste xeito agradécenlle á santa a súa axuda na cura dalgunha doenza. Trátase dunha das romarías máis antigas de Galiza. Segundo o xornal británico The Guardian trátase da segunda festa máis curiosa do mundo "Five best...weird festivals", artigo en The Guardian, 28 de xuño de 2008 e foi, ademais, obxecto dun documental que a produtora catalá Mago Productions encargou aos profesores australianos Claudia Terstappen e Greg Wallif[http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/07/29/0003_8637193.htm?idioma=galego "Dous australianos rodan un documental en Santa Marta sobre as festas relacionadas coa morte], artigo en La Voz de Galicia'', 29 de xullo de 2010.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Xosé de Ribarteme

Parroquias das Neves

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares das Neves

Categoría:Parroquias das Neves Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xosé