John Alan Lasseter, nado no barrio de Hollywood (Os Ánxeles) o 12 de xaneiro de 1957, é un director, guionista, produtor e o creativo xefe de Pixar Animation Studios, Walt Disney Animation Studios e DisneyToon Studios. Tamén é o axudante creativo de Walt Disney Imagineering.

Traxectoria Lasseter naceu en California. A profesión da súa nai, Jewell Mae (nada Risley; 1918–2005), que era profesora de arte nun instituto, contribuíu a que se sentise atraído pola animación. Decidiu que quería que esta fose a súa ocupación tras ver The Sword in the Stone.

En 1975 deixou a Universidade Pepperdine e entrou no California Institute of the Arts (CalArts). Tivo entre os seus compañeiros a Brad Bird, John Musker, Henry Selick, Tim Burton e Chris Buck. Durante este tempo produciu dúas curtametraxes animadas, Lady and the Lamp (1979) e Nitemare (1980).

Graduouse en 1979, conseguindo deseguida traballo como animador en Walt Disney Feature Animation. Tras ver algunhas secuencias do filme Tron, comezou a falar de realizar un filme de animación por ordenador.

Tras ser despedido de Disney, empregou os seus contactos para entrar en Lucasfilm Computer Graphics Group, logo renomeada como Pixar. Tralo seu divorcio, George Lucas viuse obrigado a vendela e Pixar pasou a ser unha compañía independente da man de Steve Jobs en 1986. Tras varias curtametraxes de éxito, en 1995 Lasseter dirixiu Toy Story, primeira longametraxe realizada integramente por ordenador.

En 2006 Lasseter volveu á Disney como creativo xefe de Pixar e Walt Disney Animation Studios.

O 2 de maio de 2009, Lasseter recibiu doutoramento honorario da Universidade de Pepperdine, onde pronunciou o discurso de graduación.

As súas influencias incluyen a Walt Disney, Chuck Jones, Frank Capra, Hayao Miyazaki e Preston Sturges; e a súa película favorita é Dumbo de Walt Disney. 

O 21 de novembro de 2017, anunciou que se tomaba un permiso de ausencia de seis meses tras recoñecer os "erros" no seu comportamento con empregados da empresa nunha nota realizada para o persoal. 

Filmografía

Longametraxes Ano Título Ocupación Notas 1981 The Fox and the Hound inbetweener (sen acreditar) 1985 Young Sherlock Holmes animación por ordenador: ILM 1987 The Brave Little Toaster argumento (sen acreditar) 1991 Beauty and the Beast produtor executivo: versión 3D 1992 Kurenai no Buta axudante creativo executivo da versión estadounidense 1994 The Lion King produtor executivo: versión 3D (sen acreditar) 1995 Toy StoryGreen Alien (con helio; sen acreditar) directorargumentomodelos e animacióndesenvolvemento do sistema 1998 A Bug's Life Harry the Fly directorargumento 1999 Toy Story 2 Blue Rock 'Em Sock 'Em Robot directorargumento 2000 Buzz Lightyear of Star Command: The Adventure Begins personaxes 2001 Monsters, Inc. produtor executivo 2002 A viaxe de Chihiro produtor executivo da versión estadounidense 2003 Finding Nemo produtor executivo 2004 The Incredibles produtor executivo 2005 Hauru no Ugoku Shiro produtor executivo da versión estadounidense 2006 Cars directorargumentoguión Tales from Earthsea produtor executivo: US 2007 Meet the Robinsons produtor executivo Ratatouille produtor executivo 2008 WALL-E produtor executivo Tinker Bell produtor executivo Bolt produtor executivo 2009 Up produtor executivoequipo creativo: Pixar Ponyo no cantil produtor executivo: USdirector da dobraxe ao inglés Tinker Bell and the Lost Treasure produtor executivo The Princess and the Frog produtor executivo 2010 Toy Story 3 argumentoprodutor executivoequipo creativo: Pixar Tinker Bell and the Great Fairy Rescue produtor executivo Tangled produtor executivo 2011 Cars 2 John Lassetire directorargumentopersonaxes Winnie the Pooh produtor executivo The Muppets axudante creativo 2012 Brave produtor executivo Secret of the Wings produtor executivo Wreck-It Ralph produtor executivo 2013 Monsters University produtor executivo Planes argumentoprodutor executivo Frozen produtor executivo 2014 The Pirate Fairy argumentoprodutor executivo Planes: Fire & Rescue produtor executivo Big Hero 6 produtor executivo 2015 Tinker Bell and the Legend of the NeverBeast produtor executivo Inside Out produtor executivo The Good Dinosaur produtor executivo 2016 Zootopia produtor executivo Finding Dory produtor executivo Moana produtor executivo 2017 Cars 3 director/produtor executivo Coco produtor executivo 2018 Gigantic produtor executivo Toy Story 4 directorargumento 2019 The Incredibles 2produtor executivo

Curtametraxes Ano Título Notas 1983 Mickey's Christmas Carol talento creativo 1984 The Adventures of André and Wally B. deseño de personaxes e animaciónmodelos: André/Wally B. 1986 Luxo Jr. guionistadirectorprodutormodelosanimación 1987 Red's Dream guionistadirectoranimador 1988 Tin Toy argumentodirectoranimadormodelos 1989 Knick Knack writerdirector 1997 Geri's Game produtor executivo 2000 For the Birds produtor executivo 2002 Mike's New Car produtor executivo 2003 Exploring the Reef produtor executivo Boundin' produtor executivo 2005 Jack-Jack Attack produtor executivo One Man Band produtor executivo 2006 Mater and the Ghostlight argumentodirector Lifted produtor executivo 2007 How to Hook Up Your Home Theater produtor executivo Your Friend the Rat produtor executivo 2008 Presto produtor executivo Glago's Guest produtor executivo BURN-E produtor executivo 2008–presente Cars Toons directorprodutor executivoargumento 2009 Super Rhino produtor executivo Partly Cloudy produtor executivo Dug's Special Mission produtor executivo Prep & Landing produtor executivo 2010 Day & Night produtor executivo Tick Tock Tale produtor executivo Prep & Landing: Operation: Secret Santa produtor executivo 2011 La Luna produtor executivo The Ballad of Nessie produtor executivo Hawaiian Vacation produtor executivo Pixie Hollow Games produtor executivo Small Fry argumentoprodutor executivo Prep & Landing: Naughty vs. Nice produtor executivo 2012 Tangled Ever After produtor executivo Partysaurus Rex argumentoprodutor executivo Paperman produtor executivo The Legend of Mor'du produtor executivo 2013 The Blue Umbrella produtor executivo Party Central produtor executivo Toy Story of Terror! produtor executivo Pixie Hollow Bake Off produtor executivo Get a Horse! produtor executivo 2014Vitaminamulch: Air Spectacular produtor executivoFeast produtor executivoToy Story That Time Forgot produtor executivo 2015Frozen Fever produtor executivo Lava produtor executivoSanjay's Super Team produtor executivo Riley's First Date? produtor executivo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Richard Verrier e Dawn C. Chmielewski, Fabled Film Company May Get a Reanimator, Los Angeles Times, 25 de xaneiro de 2006 Entrevista en Fortune Magazine KCRW's The Treatment: John Lasseter and Andrew Stanton (02/04) KCRW's The Treatment: John Lasseter (06/06)

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1957