O armadillo de seis bandas (Euphractus sexcinctus) é unha especie de mamífero placentario da orde do cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos, a única do xénero Euphractus.
É endémica da Arxentina, Bolivia, o Brasil, o Uruguai e Paraguai, contando tamén con poboacións illadas en Suriname. O seu corpo é usualmente de cor amarelada, ao que debe un dos seus nomes vulgares, armadillo amarelo (outro é armadillo de seis bandas), aínda que localmente se coñece tamén, nos países de fala castelá, como tatú poyú e tatú peludo.
Hábitat e distribución O armadillo amarelo ocupa moitos hábitats de selvas e de pasteiros, principalmente de áreas abertas, como nas planicies do cerrado brasileiro.
Euphractus sexcinctus está presente nunha ampla zona de América do Sur, desde o sur de Suriname e o norte do Brasil, e en Bolivia, Paraguai, Uruguai, até o norte da Arxentina.Redford, K. H. & Wetzel, R. M. (1985): "Euphractus sexcinctus". Mammalian Species 252: 1–4. Non se encontra, porén, na provincia de Buenos AiresFlores D. A.; Abba A. M. & R. M. Bárquez (2009): "Revisión del libro: Mammals of South America. Volume 1. Marsupials, Xenarthrans, Shrews, and Bats". Mastozoología Neotropical 16 (1): 271-276.Abba, A. M.; Tognelli, M. F.; Seitz, V. P.; Bender, J. B. & Vizcaíno, S. F. (2012): "Distribution of extant xenarthrans (Mammalia: Xenarthra) in Argentina using species distribution models". Mammalia 76: 123-136.
Durante máis de 20 anos pensouse que había unha poboación disxunta na fronteira entre o Brasil e Suriname.Wetzel, R. M. (1982): "Systematics, distribution, ecology, and conservation of South American edentates". En: M. A. Mares & H. H. Genoways (eds.), Mammalian biology in South America, pp. 345-375. Pittsburgh, Philadelphia, USA: University of Pittsburgh. Pero estudos recentes realizados no norte do Brasil confirman a presenza de Euphractus sexcinctus en Maranhão,Silva Júnior, J. S.; Fernandes, M. E. B. & Cerqueira, R. (2001): "New records of the yellow armadillo, Euphractus sexcinctus (Xenarthra: Dasypodidae) in the state of Maranhão, Brazil". Edentata: 18-23. Amapá,Silva Júnior, J. S. & Nunes, A. P. (2001): "Disjunct geographical distribution of the yellow armadillo, Euphractus sexcinctus (Xenarthra: Dasypodidae)". Edentata: 16-18. e noutras partes do norte do Brasil,Silva Júnior, J. S.; Marques-Aguiar, S. A.; Aguiar, G. F. S.; Lima, E. M.; Saldanha, L. N. & Avelar, A. A. (2005): "Avaliação ecológica e seleção de áreas prioritárias à conservação de savanas amazônicas, Arquipélago do Marajó, Estado do Pará. Inventário de Mamíferos". Sumário Executivo (non publicado). Ministério do Meio Ambiente e Museu Paraense Emílio Goeldi, Belém, Pará, Brazil.Silva Júnior, J. S., Marques-Aguiar, S. A.; Aguiar, G. F. S.; Saldanha, L. N.; Avelar, A. A. e Lima, E. M. (2005): "Mastofauna não voadora das savanas do Marajó". En: Sociedade Brasileira de Zoologia (ed.), Congresso Brasileiro de Mastozoologia, pp. 131. Brasil. no noroeste,Oliveira, L. C., Mendel, S. M., Loretto, D., Silva Júnior, J. S. e Fernandes, G. W. (2006): "Edentates of the Saracá-Taquera National Forest, Pará, Brazil". Edentata 7: 3-7. e no centro e o leste de Pará.Lima, E. M., Muniz, I. C. M., Ohana, J. A. B. & Silva Júnior, J. S. (2009): "Ocorrência de Euphractus sexcinctus (Xenarthra: Dasypodidae) na região do Médio Rio Amazonas". Edentata 8-10: 58-60.Andrade, F. A. G., de; Fernandes, M. E. B.; Barros, M. C. & Schneider, H. (2006): "A range extension for the yellow armadillo, Euphractus sexcinctus Linnaeus, 1758 (Xenarthra: Dasypodidae), in the eastern Brazilian Amazon". Edentata 7: 25-30. A maioría destes rexistros encóntranse no cerrado e a sabana amazónica. A presenza desta especie no Perú debe ser confirmada. Habita desde o nivel do mar até polo menos os 1 600 m de altura.Abba, A. M.; Lima, E. & Superina, M. (2014): Euphractus sexcinctus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 22 xaneiro de 2016.
Historia natural É un mamífero solitario, terrestre e omnívoro, alimentándose dunha ampla gama de materias vexetais e animais.
Protéxese en covas. Ao contrario da maioría das especies de armadillos, é máis diúrno que nocturno.Bird, B. (1999): Euphractus sexcinctus (online), Animal Diversity Web. Consultada o 22 xaneiro de 2016.
Taxonomía Descricións O xénero Euphractus foi descrito en 1830 polo herpetólogo alemán Johann Georg Wagler, en Naturliches Syst. Amphibien: 36.Euphractus en MSW.
A súa única especie, Euphractus sexcinctus, fora descrita en 1785 por Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae, baiuxo o nome de Dasypus sexcinctus.Euphractus sexcinctus en NSW.
Etimoloxía O nome do xénero, Euphractus, está formado polo elemento do latín científico eu-, calco do grego antigo εύ- eú-, do adverbio εὖ eǘ, "ben", e a palabra grega φρακτός pharktós, "armado"; literalmente: "o ben armado",Euphractus en Animalia. Etymology of animal names. derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".
Sinonimia Xénero O xénero Euphractus, ademais deste nome que lle adxudicou Wagler, coñeceuse tamén polos sinónimos: Encoubertus McMurtrie, 1831 Pseudotroctes Gloger, 1841 Scleropleura Milne-Edwards, 1871 Scelopleura Trouessart, 1898 Especie En canto á especie, ademais de polo nome Dasypus sexcinctus que lle dera Linneo, e do actualmente válido, tamén se coñeceu como: miniatura|250px|Armadillo de seis bandas, no zoo de Cincinnati. Euphractus gilvipes Illiger, 1815 Euphractus pilosus Olfers, 1818 Euphractus gylvipes Minoprio, 1945
Subespecies Na actualidade recoñécense, dentro de Euphractus sexcinctus as catro subespecies seguintes: Euphractus sexcinctus boliviae Thomas, 1907 Euphractus sexcinctus flavimanus Desmarest, 1804 Euphractus sexcinctus setosus Wied, 1826 Euphractus sexcinctus tucumanus Thomas, 1907
Estado da poboación Desde o ano 2006 e até a actualidade (2016), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén cualificando o status desta especie como NT (medianamente ameazada), debido á súa ampla distribución, suposta poboación grande, a que vive en numerosas áreas protexidas, á súa tolerancia a un certo grao de modificación do seus hábitats e porque é pouco probábel que estea declinando rapidamente a súa poboación como para cualificar o seu status nunha categoría ameazada. Porén, debido á pequena cantidade de áreas onde vive na sabana amazónica, a crecente ocupación humana e o avance das grandes empresas, as poboacións naturais ao norte do río Amazonas, na rexión norte do Brasil, deben ser controladas no futuro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Emmons, Louise H. & Francois Feer (1997): Neotropical Rainforest Mammals, A Field Guide, 2ª ed. Chicago: University of Chicago Press ISBN 0-226-20721-8. McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Mamíferos Cingulados Dasipódidos
Ligazóns externas Euphractus sexcinctus na ADW. Con abundante información, imaxes e bibliografía . Euphractus sexcinctus na EOL.
Categoría:Cingulados Categoría:Mamíferos da Arxentina Categoría:Mamíferos de Bolivia Categoría:Mamíferos do Brasil Categoría:Mamíferos de Paraguai Categoría:Mamíferos do Uruguai Categoría:Mamíferos de Suriname Categoría:Fauna do Amazonas Categoría:Animais descritos en 1758