The Whitest Boy Alive foi un grupo xermano-noruegués con base en Berlín. A banda estaba composta polo cantante/guitarrista Erlend Øye de Kings of Convenience, o baixista Marcin Öz, o batería Sebastian Maschat, e Daniel Nentwig no Rhodes e no Crumar (sintetizador).

Historia The Whitest Boy Alive empezou a súa andaina no ano 2003 en Berlín como un proxecto de música electrónica, e dende entón foi mudando lentamente e empregando menos elementos desta música electrónica. O nome da banda vén da idea dun rapaz europeo do norte, inxenuo e tímido, do que a súa música trata. O selo discográfico alemán do grupo é Bubbles. O seu primeiro disco Dreams foi lanzado o 21 de xuño de 2006 en Alemaña. En xullo de 2007, asinaron con Modular Records o seu lanzamento no Reino Unido e fixeron a súa primeira actuación británica con New Young Pony Club no London Astoria en setembro de 2007. O álbum lanzouse no Reino Unido co sinxelo "Burning" en novembro de 2007.

O grupo sacou o seu segundo álbum Rules en marzo de 2009. Foi gravado nun estudio de nova construción en Punta Burros, Nayarit, México. O seu sinxelo "1517" foi empregado como banda sonora do videoxogo FIFA 10.

A banda empezou a xira The Whitest Boy Alive + The New Wine tour en abril de 2009, visitando Alemaña, Dinamarca, Reino Unido, Suíza, Francia, Países Baixos, Bélxica e Suecia. En 2011 a banda viaxou á China grazas a Split Works.

En xuño de 2014, a grupo anunciaba vía Facebook que "non compoñerían máis nin tocarían xuntos como The Whitest Boy Alive."

Membros

Erlend Øye - guitarra e voz Marcin Öz - baixo Sebastian Maschat - batería Daniel Nentwig - Rhodes piano and Crumar synthesizer

Discogafría

Álbums

Dreams (2006) Rules (2009)

Sinxelos

"Inflation" (2004) "Burning" (2006) "Burning" (2007) (versión británica) "1517" (2009)

Notas

Véxase tamén

Páxina oficial Erlend Øye at Astralwerks website

Categoría:Grupos musicais de Alemaña Categoría:Grupos musicais separados en 2014