A Editorial Moll foi unha editorial mallorquina fundada en 1934 polo filólogo Francesc de Borja Moll coa publicación en lingua catalá de Aplec de Rondaies Mallorquines. En 2007 a empresa publicara máis dun millar de títulos sobre unha gran diversidade de temas, agrupados en coleccións tales como Les Illes d'Or, Raixa, Els Treballs i els Dies, Balenguera etc. Pechou en outubro de 2014.La Editorial Moll cierra tras 80 años de historia, en El Mundo o 18 de outubro de 2014. Premios 1987: Premio Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña. 1995: Premio Francesc de Borja Moll dos Premis 31 de Decembre da Obra Cultural Balear. 2003: Medalla de ouro das Illas Baleares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Editorial Moll

Categoría:Editoriais de España