miniatura|250px|Chaetophractus villosus.
Chaetophractus é un xénero de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos.
Inclúe tres especies de armadillos suramericanos,Chaetophractus en MSW. Consultada o 26-01-2016. coñecidos na bibliografía internacional como armadillos peludos.
Habitan en Chile, Bolivia, Paraguai e a Arxentina.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1871 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger en Sitzb. Kaiserl. Akad. Wiss., Wein, 64 (1): 268.
A especie tipo era Dasypus villosus (Desmarest, 1804), hoxe clasificada como Chaetophractus villosus (Desmarest, 1804).
Este xénero tamén foi coñecido como Dasyphractus Fitzinger, 1871.
Etimoloxía O nome do xénero, Chaetophractus, constríuno Fitzinger co elemento do latín científico chaeto-, derivado do grego antigo χαίτη chaítē, "melena", "cabelos longos", e palabra grega φρακτός pharktós, "armado",Chaetophractus en Animalia. Etymology of animal names. Consultada o 26-01-2016. derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".
Literalmente: "os armados pelduos".
Especies Na actualidade recoñécense dentro do xénero as tres especies seguintes:Chaetophractus no SIIT. Consultada o 26-01-2016.Chaetophractus na ADW. Consultada o 26-01-2016.Chaetophractus na EOL. Consultada o 26-01-2016.
Chaetophractus nationi (Thomas, 1894) Chaetophractus vellerosus (Gray, 1865) C. v. vellerosus Gray, 1865 C. v. pannosus Thomas, 1902 Chaetophractus villosus (Desmarest, 1804)
Porén, o NCBI non recoñece a primeira delas.Chaetophractus no NCBI. Consultada o 26-01-2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Cingulados Dasipódidos Eufractinos
Ligazóns externas Chaetophractus na ADW. Chaetophractus na EOL.
Categoría:Cingulados