Aseconia, Asseconia ou Assegonia era unha mansión viaria romana pertencente a vía XIX que ía de Bracara Augusta (Braga) ata Asturica Augusta (Astorga).
Segundo o Itinerario de Antonino, Aseconia, estaría situada entre Iria (Iria Flavia), a 12 millas, e Brevis (Castrofeito), a 22 millas.Pasaxe do libro Historia de la Ciudad de Santiago de Compostela, escrito por Ermelindo Portela Silva . Téndese a identificar os restos do poboado romano que existía sobre o territorio no que posteriormente se construíu a Catedral de Santiago de Compostela como Aseconia.
Notas
Categoría:Historia de Santiago de Compostela Categoría:Cidades da Roma antiga en España Categoría:Gallaecia