A enxeñaría física é a rama da enxeñaría que procura asimilar e adaptar tecnoloxías novas e existentes a procesos industriais. Está orientada a xerar, a través da investigación aplicada, o desenvolvemento de tecnoloxías alternativas para usos industriais, mediante a formulación teórica abstracta dos fenómenos físicos que involucran un proxecto.

Esta enxeñaría estuda todos os fenómenos naturais, pero á súa vez procura levar á práctica, de xeito dinámico, todos os seus conceptos teóricos e experimentais. Unha característica fundamental do enxeñeiro físico é a súa capacidade de deseño, disciplina e innovación, o que lle permite dispor dos seus coñecementos fisicomatemáticos en proxectos que involucran ramas diversas da física clásica e moderna, adaptándoas a fins prácticos, o que lle outorga unha vantaxe sobre as demais enxeñarías nas que o enxeñeiro adquire unha certa especialización. miniatura|Obras de enxeñaría con propósitos físicos. Detector de muóns, experimento do LHC. O enxeñeiro físico está preparado para traballar á fronte do desenvolvemento tecnolóxico. Esta especialidade, en xeral, pode caracterizarse polas aplicacións de procedementos físicos multidisciplinares e adoito especializados a problemas técnicos da máis variada índole. Como conclusión, o enxeñeiro físico xoga un papel fundamental no avance tecnolóxico.

Historia A enxeñaría física apareceu por primeira vez en 1924 nos Estados Unidos como parte do Plan de Richard, que procuraba fortalecer as áreas científicas necesarias en todas as ramas da enxeñaría. Hoxe en día, o programa ofrécese tamén noutros países, tales como Canadá, Inglaterra, Portugal, Rusia, Xapón, Bélxica, Brasil, Suecia, España, Colombia, México, Cuba, Perú e Chile.

Formación A enxeñaría e a tecnoloxía son de vital importancia para a consecución da redución da pobreza. O enxeñeiro debe ser o autor da construción de capacidades de innovación e desenvolvemento tecnolóxico que o conduza a desenvolver permanentemente novos produtos, procesos e servizos para suplir as necesidades que o mercado demanda. Nos procesos de innovación participan diversos actores; o sector empresarial debe ser protagonista directo na actividade innovadora, pero tamén é importante o papel do sector universitario, xa que a través da cooperación entre a universidade e a empresa é como se revaloriza a interacción entre a ciencia, a tecnoloxía e a produción.

Algunhas aplicacións na industria miniatura| Tren de levitación magnética Maglev, que une o centro de Xangai co aeroporto. Para a transmisión de enerxía pódense deseñar cables fabricados con materiais supercondutores que poden ter unha corrente eléctrica maior que os cables convencionais cun mínimo de perda.

Nalgúns países desenvolvéronse trens de levitación magnética. Estes trens son rápidos e cómodos comparados cos actuais sistemas de transporte de masas, e alcanzan velocidades moi altas, malia ser moi elevado, hoxe en día, o custo enerxético.

Enxeñeiros enfocados cara á área biolóxica poden utilizar as técnicas físicas para descifraren a estrutura das proteínas, información moi importante para entender os procesos biolóxicos e desenvolver novos medicamentos que permitirán tratar algunhas doenzas.

O estudo da turbulencia é un factor dominante que determina o funcionamento de todos os sistemas de fluídos de longos oleodutos, de sistemas de inxección de carburantes e dos modelos para a predición do tempo global. As melloras terán rendibilidade na redución de perdas de enerxía en transporte e na mellora da eficiencia de motores, así como no afondamento na comprensión do comportamento global do clima.

Ámbito laboral miniatura|Estudante de enxeñaría física estudando un láser de colorante. Algunhas das áreas nas que se pode inserir un enxeñeiro físico son: Análise das propiedades físicas dos materiais. Electrónica, electrónica dixital e optoelectrónica. Física ambiental. Física médica. Enxeñaría e instrumentación nuclear. Instrumentación astronómica. Instrumentación e automatización industrial. Medios granulares. Metroloxía. Modelos físicos. Óptica. Servizos de geofísica e prospección. Simulación numérica.

Universidades miniatura| Laboratorio de física da Universidade de Santiago de Chile. A enxeñaría física pódese estudar nos niveis de pregrao, grao e mestrado. A seguir, amósase unha listaxe coas institucións universitarias que ofrecen esta carreira. Alemaña Universidade de Ciencia Aplicada, Furtwangen. Universidade de Erlangen-Nuremberg, Escola de Investigación Max Planck (IMPRS). Universidade Técnica de Munich. Programa de enxeñaría física. Universidade de Oldenburg. Bélxica Universidade de Gante. España Universidade Politécnica de Cataluña (UPC). Grao en Enxeñaría Física. Universidade de Barcelona. Holanda Universidade Técnica de Delft. Portugal Universidade de Lisboa. Enxeñaría Física. Universidade do Porto. Enxeñaría Física. Universidade de Coímbra. Enxeñaría Física. Universidade Nova de Lisboa. Enxeñaría Física. Universidade do Algarve., Enxeñaría Física. Universidade de Aveiro. Enxeñaría Física. Instituto Superior Técnico. Enxeñaría Física e Tecnolóxica. Reino Unido Universidade de Cranfield. Universidade Queen Mary. Londres. Universidade de Liverpool. Universidade de Cambridge. Laboratorio Cavendish. Universidade de Greenwich. Escola de Computación e Ciencias Matemáticas. Suecia Universidade de Tecnoloxía de Chalmers. Real Instituto de Tecnoloxía KTH. Universidade de Lund. Universidade de Uppsala. Universidade de Karlstad. Canadá Universidades Queen's. Universidade McMaster. Universidade de British Columbia. Facultade de Ciencia Aplicada. Universidade Simon Fraser. Facultade de Ciencia da Enxeñaría. Estados Unidos Universidade Cornell. Universidade de Wisconsin. Universidade Texas Tech. Universidade Georgetown. Universidade de Vermont. Instituto Stevens de Technoloxía. Nova York. Universidade de Harvard e Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. Universidade de Virxinia. Charlottesville Universidade Harvard. Cambridge, Massachusetts. Universidade de Oklahoma, Norman. Dartmouth College. Hanover, New Hampshire. Universidade de California en San Diego. Chile Universidade de Santiago de Chile. Universidade de Concepción. Universidade Andrés Belo. Colombia Universidade Nacional de Colombia (sedes Manizales e Medellín ). Universidade EAFIT. Universidade Tecnolóxica de Pereira. Universidade do Cauca. Cuba Universidade da Habana. México Universidade Autónoma de Coahuila. Universidade Michoacana. Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores de Monterrey. Universidade Tecnolóxica da Mixteca. Universidade de Guanajuato. Universidade Iberoamericana. Universidade Autónoma Metropolitana. Universidade Autónoma de Chihuahua. Universidade Autónoma de Ciudad Juárez. Universidade Autónoma do Iucatán. Universidade Autónoma de San Luís Potosí. Perú Universidade Nacional de Enxeñaría.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Física aplicada. Enxeñaría nuclear

Ligazóns externas Ranking dos programas de enxeñaría física nos Estados Unidos

Categoría:Disciplinas de enxeñaría