O palenquero (tamén palenque) é unha lingua crioula baseado no castelán falada en Colombia. O palenquero é a única lingua crioula baseada no castelán de América Latina. É falado polos descendentes dos escravos que se liberaron baixo o liderado de Benkos Biohó a finais do século XVI e comezos do século XVII. O grupo étnico que fala este crioulo estaba formado por unhas 3 000 persoas en 1998, que viven na vila de San Basilio de Palenque, no suroeste de Cartaxena de Indias. O crioulo palenquero está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Nosopai {|class=wikitable |- !Palenquero !Galego |- | Tatá suto lo ke ta riba sielo, santifikaro sendá nombre si, miní a reino sí, asé ño boluntá sí, aí tiela kumo a sielo. Nda suto agué pan ri to ma ría, peddona ma fata suto, asina kumo suto a se peddoná, lo ke se fatá suto. Nu rejá sujo kaí andí tentación nu, librá suto ri má. Amén. |Noso Pai que estás no ceo,santificado sexa o teu nome,veña a nós o teu reino, e fágase a túa vontadeaquí na terra coma no ceo.O noso pan de cada día dánolo hoxe; e perdóanos as nosas ofensascomo tamén perdoamos nósa quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación,mais líbranos do mal. Amén.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Papiamento Crioulo chavacano

Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base castelá Categoría:Linguas de Colombia