José Vázquez Rozas, coñecido como Persifal, nado na Coruña en 1898 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1936, foi un barbeiro e sindicalista galego.
Traxectoria Barbeiro. Militante da CNT, era vogal do Centro de Estudios Sociales Germinal e membro do Liceo de Artesáns. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña por rebelión militar. Condenado a pena de morte, foi executado na Coruña.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos