dereita|miniatura|250px|Palletas de cana afinadas en Dó, para gaita galega.
Unha palleta é unha lámina ou láminas situadas na embocadura de certos instrumentos de vento, cuxa vibración permite a emisión do son a través do aire producido polo intérprete.
dereita|miniatura|250px|Unha palleta no punteiro. As palletas están fabricadas con cana, madeira ou metal e existen modalidades que varían segundo o tipo de instrumento.
Tipos A denominada palleta batente ou palleta sinxela produce o son a través do roce co propio instrumento e consta dunha soa lámina.
Instrumentos de palleta sinxela son o clarinete e o saxofón.
Tamén existe a chamada palleta dobre, na que o son se produce a través do choque entre dúas láminas unidas.
Instrumentos con palleta dobre son o óboe, o fagot e a gaita.
Por último, tamén existe a chamada palleta libre, que vibra co paso do aire por unha abertura, que queda bloqueada pola propia lámina cando non existe columna de aire.
Instrumentos con palleta libre son o acordeón e o harmonio.
Categoría:Instrumentos de vento Categoría:Gaitas
de:Durchschlagende Zunge es:Caña (música) ko:떨림판 simple:Reed sr:Језичак (дрвени дувачки инструменти)