O Som kirguiz (en kirguiz: сом) é a moeda de curso legal en Kirguizistán. O seu código ISO 4217 é KGS. O som divídese en 1000 tyiyn (тыйын). O som instroduciuse por primeira vez o 10 de maio de 1993, sustituíndo ao rublo soviético cunha taxa de cambio de 1 KGS = 200 RUB.

Etimoloxía Na Unión Soviética, os falantes das linguas kazako, kirguiz e uzbeko chamaban ao rublo som, nome que aparecía impreso no reverso dos billetes xunto ás outras 15 linguas oficiais do Estado. A palabra som (ás veces transcrita como "sum" o "soum") significa "pureza" (facendo referencia ao "ouro puro") na meirande parte das linguas túrquicas.

Moedas Denominación Emisión Metal Canto Anverso Reverso1 Tyiyn2008 Latón depositado en AceiroEstriadoEmblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe1 ТЫЙЫН10 Tyiyn2008 Latón depositado en AceiroLisoEmblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe10 ТЫЙЫН50 Tyiyn2008 Latón depositado en AceiroLisoEmblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe10 ТЫЙЫН1 Som2008 Níquel depositado en AceiroEstriadoEmblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe1 СОМ3 Som2008 Níquel depositado en AceiroLisoEmblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe3 СОМ5 Som2008Níquel depositado en AceiroEstriadoEmblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe10 СОМ10 Som2009Níquel depositado en AceiroEstriadoEmblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe10 СОМ

Billetes En 1993 o novo goberno emitiu billedes de 1, 10 e 50 tyiyn, e o Banco de Kirguizistán emitiu billetes de 1, 5 e 20 som. En 1994, o Banco Central emitiu unha segunda serie de billetes en denominacións de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 som. En 1997, emitiuse unha nova serie coas mesmas denominacións de 1994, e engadía os billetes de 200, 500 e 1.000 som. O último billete emitido foi o de 5.000 som en 2009.

Serie en curso (2009-actualidade) + Denominación Efixie Cor predominante Dimensións Imaxe do anverso Imaxe do reverso 20 Som Togolok Moldo Vermello 58 x 120 mm150px150px 50 Som Kurmanjan Datka Laranxa 61 x 126 mm150px150px 100 Som Toktogul Satilganov Azul 63 x 132 mm150px150px 200 Som Alykul Osmonov Amarelo 66 x 138 mm150px150px 500 Som Sayakbay Karalaev Violeta 68 x 144 mm150px150px 1.000 Som Yusuf Balasaghuni Gris-verde 71 x 150 mm150px150px 5.000 Som Suimenkul Chokmorov Verde 80 x 168 mm150px150px

Notas

Categoría:Moedas de Asia Categoría:Kirguizistán Categoría:ISO 4217