Dasypus yepesi, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros, co nome de armadillo de fociño longo de Yepes, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e da súa única familia, a dos dasipódidos,Dasypus yepesi no MSW. subfamilia dos dasipodinos, unha das sete integradas no seu único xénero, Dasypus.

É un endemismo dunha pequena rexión de bosques subtropicais secos situada no norte da Arxentina e nun recanto do sur de Bolivia.

O seu nome honra ao zoólogo arxentimo José Yepes.Beolens, B.; Watkins, M. & Grayson, M. (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. USBN 978-0-8018-9304-9, páx. 455.

Distribución e hábitat A presenza de Dasypus yepesi na actualidae só se coñece nas provincias de Jujuy e alta, na Arxentina.Vizcaíno, S. F. (1995): "Identificación específica de las "mulitas", género Dasypus L. (Mammalia, Dasypodidae), del noroeste argentino. Descripción de una nueva especie". Mastozoología Neotropical 2 (1): 5-13. Debido á falta de estudos de campo, non se coñecen máis de nove estacións da especie. Quizais a súa área de distribución poida ampliase a outras partes do Gran Chaco da Arxentina, Bolivia e Paraguai.Abba, A. M., Tognelli, M. F., Seitz, V. P., Bender, J.B. & Vizcaíno, S. F. (2012): "Distribution of extant xenarthrans (Mammalia: Xenarthra) in Argentina using species distribution models". Mammalia 76: 123-136.

Habita en rexións de bosques subtropicais secos.Abba, A. M. & Vizcaíno, S. (2014): Dasypus yepesi na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 4-02-2016.

Probabelmente se encontra en altitudes de entre os 450 e os 1800 m.

Taxonomía A especie foi descrita moi recentemente, en 1995, polo zoólogo, anatomista comparado e paleontólogo arxentino Sergio Fabián Vizcaíno, en Mastozool. Trop., 2: 7, quen a dedicou ao seu compatriota José Yepes.

Os exemplares examinados por Vizcaíno eran espécimes clasificados previamente en Dasypus mazzai, D. hybridus, D. septemcinctus e D. novemcinctus. Son precisos novos estudos morfolóxicos e xenéticos para clarificar o estado taxonómico desta especie.

Controversia Feijó e Cordeiro-Estrela (2014) presentaron evidencias morfolóxicas de que o holotipo de Dasypus mazzai Yepes, 1933 (sinónimo sénior de Dasypus yepesi Vizcaíno 1995.), non é un xuvenil de Dasypus novemcinctus ou de calquera outra especie do xénero Dasypus. Pero as distintas especies endémicas do noroeste arxentino son indistinguíbeis de D. yepesi. Polo tanto, o nome correcto para o armadillo de fociño longo de tamaño intermedio que se encontra nas provincias arxentinas de Jujuy e Salta sería Dasypus mazzai 1933 Yepes, 1933.Feijó, A. & Cordeiro-Estrela, P. (2014): "The correct name of the endemic Dasypus (Cingulata: Dasypodidae) from northwestern Argentina". Zootaxa 3887 (1):88-94. Resumo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Cingulados Dasipódidos

Ligazóns externas Dasypus yepesi na ADW. Dasypus yepesi na EOL.

Categoría:Cingulados Categoría:Animais descritos en 1995