A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia de xaneiro a decembro do ano 2002, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Descrición miniatura|A distribución non se fixo na orde numeral dos volumes, Memorias dun neno labrego, co n.º 39, foi a última entrega, en decembro de 2002. O acto de presentación, por parte de Santiago Rey Fernández-Latorre, acompañado polo presidente do Consello da Cultura Galega Carlos CasaresCasares finaría aos dous meses. e o presidente da Real Academia Galega Xosé Ramón Barreiro, tivo lugar o 4 de xaneiro de 2002. Dirixida por Tucho Calvo, foi distribuída por La Voz de Galicia nos anos 2002-2003, co gallo do 120 aniversario da fundación do xornal.

A media de difusión estivo entre os corenta mil e corenta e cinco mil exemplares por título, sendo os máis vendidos Follas novas de Rosalía de Castro e Sempre en Galiza de Castelao.

Autores e títulos da colección:Biblioteca Galega 120 en Internet Archive. miniatura|A colección inclúe dous volumes de Crítica e autores distribuídos en xaneiro de 2003. *: Crítica e autores I *: Crítica e autores II 1: César Morán: Antoloxía da lírica medieval 2: Martín Sarmiento: Coloquio en mil duascentas coplas galegas 3: Xoán Manuel Pintos: A gaita gallega 4: Rosalía de Castro: Follas novas 5: Manuel Curros Enríquez: Aires da miña terra 6: Marcial Valladares: Maxina ou a filla espuria 7: Eduardo Pondal: Queixumes dos pinos 8: Valentín Lamas Carvajal: O catecismo do labrego 9: Antonio López Ferreiro: A tecedeira de Bonaval 10: Francisco A. de Nóvoa: Pé das Burgas 11: Antón Vilar Ponte: A patria do labrego e Almas mortas 12: Manuel Leiras Pulpeiro: Cantares gallegos 13: Ramón Cabanillas: Da terra asoballada 14: Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno 15: Henrique Labarta Pose: O tío Miseria e outros contos 16: Luís Amado Carballo: Proel e O galo 17: Manuel Antonio: De catro a catro 18: Vicente Risco: O porco de pé 19: Xosé Lesta Meis: Abellas de ouro 20: Ramón Otero Pedrayo: Arredor de si 21: Manuel García Barros: Contiños da terra 22: Manuel Luís Acuña: Fírgoas 23: Fermín Bouza Brey: Nao senlleira e Seitura 24: Alfonso R. Castelao: Sempre en Galiza (I) 25: Alfonso R. Castelao: Sempre en Galiza (II) 26: Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros verdes 27: Ricardo Carballo Calero: A xente na Barreira 28: Manuel Cuña Novás: Fabulario novo 29: Luís Seoane/Paz-Andrade: Fardel de eixilado/Pranto matricial 30: Manuel María: Terra Chá 31: Eliseo Alonso: Contos do Miño 32: Álvaro Cunqueiro: As crónicas do sochantre 33: Ánxel Fole: Terra brava 34: Uxío Novoneyra: Os eidos 35: Gonzalo R. Mourullo: Memorias de Tains 36: Eduardo Blanco Amor: A esmorga 37: Luís Pimentel: Sombra do aire na herba 38: Xosé Díaz Castro: Nimbos 39: Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego 40: Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra 41: Xaquín Lourenzo: Os oficios 42: Antón Tovar: Arredores 43: C. Fernández de la Vega: O segredo do humor 44: Bernardino Graña: Profecía do mar 45: Xosé Luís Franco Grande: Entre o si e o non 46: Salvador García-Bodaño: Ao pé de cada hora 47: Daniel Cortezón: Prisciliano 48: Xohana Torres: Adiós, María 49: Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva 50: Xosé María Castroviejo: Memorias dunha terra 51: Euloxio R. Ruibal: Zardigot 52: Xosé María Álvarez Blázquez: Canle segredo 53: Arcadio López-Casanova: Mesteres 54: Alfonso Pexegueiro: Seraogna 55: Anxo Rei Ballesteros: Dos anxos e dos mortos 56: Xoán Ignacio Taibo: Homes de ningures 57: Francisco Taxes: O velorio 58: Carlos Casares: Os escuros soños de Clío 59: Xavier Alcalá: Fábula 60: Camilo Gonsar: Cara a Times Square 61: Manuel Lueiro Rey: O sol na crista do galo 62: X. Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra 63: Alfredo Conde: Xa vai o griffón no vento 64: Ramón Piñeiro: Filosofía da saudade 65: Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela 66: Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote 67: Miguel González Garcés: Poesía galega 68: Luz Pozo Garza: Códice Calixtino 69: Suso de Toro: Polaroid 70: Marina Mayoral: Unha árbore, un adeus 71: Xosé Antonio Perozo: O enigma de Embívicus 72: Miguel Suárez Abel: Turbo 73: Darío Xohán Cabana: Galván en Saor 74: María Victoria Moreno: Anagnórise 75: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 I 76: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 II 77: Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36 78: Agustín Fernández Paz: Contos por palabras 79: Xosé Luís Méndez Ferrín: Arraianos 80: Roberto Vidal Bolaño: Saxo tenor 81: Antón Avilés de Taramancos: Última fuxida a Harar 82: Ramón Caride Ogando: Soños eléctricos 83: María Xosé Queizán: Amor de tango 84: Xesús Rábade Paredes: Branca de Loboso 85: Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte 86: Víctor F. Freixanes: A cidade dos césares 87: Fran Alonso: Males de cabeza 88: Xurxo Borrazás: Criminal 89: Fina Casalderrey: O misterio dos fillos de Lúa 90: Xabier P. DoCampo: Cando petan na porta pola noite 91: Francisco Fernández del Riego: Galicia 92: Arturo Lezcano Fernández: Os dados de Deus 93: Manuel Álvarez Torneiro: Habitante único 94: Raúl Dans: Lugar 95: Miguel-Anxo Murado: Ruído. Relatos de guerra 96: Xesús Pisón: Venenos 97: Bieito Iglesias: Miss Ourense 98: Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor? 99: Xesús Manuel Valcárcel: O capitán Lobo Negro 100: Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos 101: Xosé Miranda Ruíz: Morning Star 102: Anxo Angueira: Pensa nao 103: Xosé Cid Cabido: Grupo abeliano 104: Ramón Loureiro: O corazón portugués 105: Manuel Lourenzo: Veladas indecentes 106: Antón Riveiro Coello: A quinta de Saler 107: Vítor Vaqueiro: Os xenerais de África 108: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 III 109: Tucho Calvo: O xabaril branco 110: Xosé Carlos Caneiro: Ébora 111: Domingo García-Sabell: Paseata arredor da morte 112: Luís Rei Núñez: Expediente Artieda 113: Marilar Aleixandre: Unha presa de terra 114: Xesús Alonso Montero: As palabras do exilio En cuberta e lombo leva o título As palabras do exilio. En páxinas interiores leva título e subtítulo iguais aos da edición orixinal de 1994: As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane. 115: Vicente Araguas: A canción do verán 116: Xavier Queipo: Papaventos 117: Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi 118: Domingo Blanco: Poesía popular galega 119: Xesús Ferro Ruibal: Refraneiro galego máis frecuente 120: Cuba, Miranda e Reigosa: Antoloxía do conto de tradición oral

Recoñecementos Obtivo o Premio da Crítica Galicia á mellor iniciativa cultural na XXVI edición (ano 2003).

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía Calvo, T. (2003). "Carlos Casares. O conto da vida", p. 164. La Voz de Galicia. ISBN 84-9757-100-2. E limiar de Bieito Rubido. F. Freixanes, Víctor. "Memoria do compañeiro e amigo" Grial n.º 196, xaneiro de 2013. Valcárcel, M.: "A crónica cultural de 25 anos" en Galicia 25, unha cultura para un novo século (9,09 MB) p. 214. CCG 1983-2008. ISBN 978-84-96530-73-7.

Outros artigos Biblioteca Básica da Cultura Galega (Editorial Galaxia) Biblioteca das Letras Galegas (Edicións Xerais de Galicia) Biblioteca 114 (El Correo Gallego) Biblioteca de Autores Galegos (Diario 16 de Galicia) Biblioteca Gallega de Autores en Castellano (La Voz de Galicia) Biblioteca Galega de Clásicos Universais (La Voz de Galicia) Grandes do noso tempo (Edicións Xerais de Galicia)

Ligazóns externas Biblioteca Galega 120 en Internet Archive.

Categoría:La Voz de Galicia Categoría:2002 en Galicia Categoría:Coleccións literarias en lingua galega Categoría:Listas de libros