Ricardo Velázquez Bosco, nado en Burgos o 21 de marzo de 1843 e finado en Madrid o 31 de xullo de 1923, foi un arquitecto español. Foi profesor do galego Antonio Palacios Ramilo.
Practicou un historicismo eclecticista de corte academicista oposto ao modernismo. O seu estilo denomínase ás veces "eclecticismo enfático".
Obras As súas obras caracterízanse por un tratamento rotundo de volumes, o emprego de mansarda e o uso de decoración cerámica nas fachadas dos seus edificios. Arquitectos como Antonio Palacios, que seguiu a súa tendencia monumentalista, víronse influídos polo seu estilo. Desenvolveu a maior parte da súa obra en Madrid, en cuxa Escola de Arquitectura deu clase.
As súas obras máis importantes son: Palacio de Velázquez (1881-1883), no Parque do Retiro de Madrid. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Madrid (1884-1893). Pazo de Cristal do Retiro (1887), en Madrid. Palacio de Fomento (1893-1897), en Madrid, actual sede do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Colexio Nacional de Sordomudos e Cegos de Madrid (1898), actual sede do Centro Superior de Estudos para a Defensa, CESEDEN. Escola de Cegos e Sordomudos de Santiago de Compostela (1905-1920), que en 1986 foi reformada como edificio de servizos administrativos da Xunta de Galicia. Ministerio de Educación (1917-1923), na rúa Alcalá de Madrid.
Como restaurador, traballou na Mesquita de Córdoba, a catedral de León e o mosteiro de La Rábida.
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas
Biografía de Ricardo Velázquez Bosco en Madrid Histórico
Categoría:Arquitectos de España do século XIX Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Profesores da Institución Libre de Enseñanza