Francisco Pillado Rivadulla, nado na Coruña o 18 de setembro de 1918 e finado na mesma cidade o 25 de marzo de 1989,La Voz de Galicia, 26-3-1989, p. 23. foi un xornalista galego.

Traxectoria Fillo do contable e fotógrafo Francisco Pillado González e neto do compositor e pianista Francisco Pillado Villamil. Foi redactor-xefe e despois subdirector (1963) e director de La Voz de Galicia (1968-1977). Debido ás presións do ministro Manuel Fraga Iribarne, foi destituído como director polo Consello de Administración do xornal en 1977. Utilizou o pseudónimo Albor.

En 1967Segundo as fontes, 1967 ou 1968. o daquela ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga, amezouno (sobre a base da nova Lei de Prensa e Información do réxime franquista)) con pechar o xornal no caso de que saíse premiado co premio Fernández-Latorre por La Voz un artigo xornalístico de Alfonso Álvarez Gándara sobre a lingua galega intitulado "La iglesia no habla la misma lengua que los gallegos". O artigo, tras un intenso debate, foi finalmente premiado e en consecuencia Pillado Ribadulla tivo que facer fronte a unha multa de 50.000 pesetas da épocaGARCÍA GONZÁLEZ, Aurora. Historia de la empresa de La Voz de Galicia (1939-1992), páx. 258. COSTAS, X.H. (coord.), 55 mentiras sobre a lingua galega, p.15, Ed. Laiovento 2009. Prolingua,, así como tamén o xornal, que volvería ser multado en diversas ocasións ao longo dos anos seguintes, sempre ao amparo desa lei.

Foi o pai do editor Francisco Pillado Maior.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes