Jacinto Méndez Esporrín,Nalgunhas fontes o segundo apelido aparece como Esporín. coñecido como Vigatá, nado en Vic en 1905 e finado en Arteixo o 22 de setembro de 1936, foi un xornalista e sindicalista catalán residente en Galicia.
Traxectoria Ferroviario. Foi con Francisco Llerena un dos fundadores do Sindicato ferroviario da Coruña integrado na CNT. Membro do Comité da Confederación Rexional Galaica e directivo do Centro de Estudios Sociales Germinal, do que foi presidente (1933-1935). Colaborou en Solidaridad Obrera e Solidaridad. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 representou a FAI na conformación do Comité de Defensa da República da Coruña. Foi detido e encadeado no cárcere da Coruña. Foi asasinado sen agardar á formación de causa, o seu cadáver apareceu en Barranqueiras, na parroquia de Pastoriza (Arteixo).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (M) cnt.gal
Categoría:Sindicalistas de Cataluña Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vic Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1936