Juan de Loriga y RegueraNalgunhas publicacións aparece o seu segundo apelido como Requena ou Mondragón nado en Sigrás (Cambre) en 1788 e finado en Santiago de Cuba o 9 de agosto de 1829, foi un militar galego que combateu nos exércitos de Chile e o Perú. Foi ademais gobernador do departamento oriental de Cuba.

Traxectoria Loriga naceu en Sigrás, fillo do coronel Domingo Antonio Loriga e de Josefa Reguera. Aos catorce anos enrolouse no exército con motivo da invasión francesa, servindo na artillaría a cabalo e acadando certo nome nos exércitos de Estremadura. Cóntase como anécdota para describir o seu celo que tras recibir a orde de requisar cabalos para o tiro dos canóns, o primeiro que ordenou foi confiscar o cabalo do seu pai e as eguas do coche dunhas tías del.Establecimiento Tipogr. Militar, España 1850, "La revista militar: periódico de arte, ciencia y literatura militar", Volume 7, páx. 268

Acabou a guerra co grao de coronel e en 1818 formou parte da última expedición militar que partiu de España como reforzo dos realista de América.Angel Justiniano Carranza, "Campañas navales de la República Argentina: cuadros históricos", Volumes 2-4, páx. 142 Xunto ao tenente coronel Fausto del Hoyo e algúns restos do segundo batallón de Cantabria desembarcou en Talcahuano, incorporándose ao exército realista acantonado en Valdivia.Gabriel Guarda, "La sociedad en Chile austral", páx. 437 Aburrido polas pugnas internas dos xefes realistas de Chile separouse deste exército e pasou ao Perú,Mariano Torrente, "Historia de la Revolution Hispano-Americana", Tomo II, páx. 506 onde participou na incursión do xeneral José de Canterac sobre Lima en 1821 e na batalla de Ica en 1822. Ascendeu a brigadier e comandante xeneral de cabalería do exército do Norte en 1823.

A principios de 1824 foi enviado polo vicerrei La Serna a España para contar a situación do vicerreinado. As novas da batalla de Ayacucho sorprendérono na península, libérandoo dos compromisos políticos que recaeron sobre outros xefes realistas. En 1825 foi nomeado mariscal de campo e pasou a servir en Cuba, onde exerceu o cargo de gobernador departamental ata a súa morte, producida pola febre amarela.Jacobo de la Pezuela, "Diccionario geográfico, estadístico, histórico, de la isla de Cuba", Volume 3, páx. 527

Matrimonios Casou en 1825 en Madrid coa dama limeña Juana de la Pezuela, filla do vicerrei Joaquín de la Pezuela, que faleceu pouco despois por unha complicación durante o parto. Durante a súa estadía en Cuba en 1829, pouco antes da súa morte, casou con Mariana Kindelan y Mozo de la Torre, filla dunha familia crioula aristocrática.Francisco Xavier de Santa Cruz y Mallén, "Historia de familias cubanas", Volume 1, páx. 194

Notas

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1788 Categoría:Finados en 1829 Categoría:Políticos de Cuba Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos