Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do norte de España é o nome baixo o que se agrupan 18 covas situadas en diferentes rexións do norte España, que en conxunto representan o apoxeo da arte rupestre do Paleolítico en Europa entre os anos 35.000 e 11.000 aC e foron designados colectivamente como un Patrimonio da Humanidade.
Cova de Altamira
A principal destas covas é Altamira, no concello cántabro de Santillana del Mar. Segue sendo un dos ciclos de pintura máis importantes da prehistoria, orixinarios dos períodos Magdaleniano e Solutreano do Paleolítico Superior. O estilo artístico desta cova representa a escola franco cantábrica, caracterizada polo realismo da súa representación figurativa. A cova de Altamira foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1985.
Extensión 2008 En 2008 o patrimonio da humanidade ampliouse para incluír 17 covas adicionais situadas no norte de España, algunhas das cales conteñen exemplos destacados de arte rupestre do Paleolítico. Estas covas atópanse en tres rexións autónomas: 5 en Asturias, 10 en Cantabria e 3 no País Vasco.
Covas Código Nome Lugar Ano Coordenadas Zonaprotexida[Ha] 310-001 Cova de Altamira Santillana del Mar, Cantabria 1985 16 310-002 Cova de Candamo Candamo, Asturias 2008 99,97 310-003 Cova de Tito Bustillo Ribadesella, Asturias 2008 243,38 310-004 Cova de La Covaciella Cabrales, Asturias 2008 11,336 310-005 Cova de Llonín Peñamellera Alta, Asturias 2008 17,37 310-006 Cova do Pindal Rivadedeva, Asturias 2008 69,37 310-007 Cova de Chufín Rionansa, Cantabria 2008 16,65 310-008 Cova de Hornos de la Peña San Felices de Buelna, Cantabria 2008 25,05 310-009 Cova de El Castillo Puente Viesgo, Cantabria 2008 68,93 310-010 Cova de Las Monedas Puente Viesgo, Cantabria 2008 68,93 310-011 Cova de La Pasiega Puente Viesgo, Cantabria 2008 68,93 310-012 Cova de Las Chimeneas Puente Viesgo, Cantabria 2008 68,93 310-013 Cova de El Pendo Camargo, Cantabria 2008 63,79 310-014 Cova de La Garma Ribamontán al Monte, Cantabria 2008 100,07 310-015 Cova de Covalanas Ramales de la Victoria, Cantabria 2008 1374,4 310-016 Cova de Santimamiñe Cortezubi, Biscaia 2008 98,8 310-017 Cova de Ekain Deba, Guipúscoa 2008 14,59 310-018 Cova de Altxerri Aia, Guipúscoa 2008 15
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pintura rupestre Marcelino Sanz de Sautuola Gran Teito de Altamira
Categoría:Arte prehistórica Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cantabria Categoría:Patrimonio da Humanidade en Asturias Categoría:Patrimonio da Humanidade no País Vasco Categoría:Covas de Cantabria Categoría:Covas de Asturias Categoría:Covas do País Vasco Categoría:Sitios arqueolóxicos de Cantabria Categoría:Sitios arqueolóxicos de Asturias Categoría:Sitios arqueolóxicos do País Vasco