Coelacanthus é un xénero extinto de celacantos. un dos cinco que integran a familia dos celacántidos (Coelacanthidae), que apareceron orixinalmente durante o período permiano.

Foi o primeiro xénero de celacantos en ser descrito, e a orde dos celacantiformes (Coelacanthiformes), así como a familia dos celacántidos, recibiron o seu nome deste xénero.

Características

Os membros deste xénero tiñan un parecido superficial aos actuais celacantos (xénero Latimeria), aínda que eran máis pequenos, e tiñan a cabeza máis alongada.

Podían chegar a medir 90 cm de lonxitude, e tiñan pequeaas aletas lobuladas, o que suxire que as especies de Coelacanthus eran depredadores de augas abertas.

Coelacanthus foi un xénero lonxevo de distribución cosmopolita.

Logrou sobrevivir á extinción masiva do Permiano-Triásico, extinguíndose eventualmente durante o final do período xurásico superior, hai cerca de 145 millóns de anos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1836 polo zoólogo e xeólogo estadounidense de orixe suíza Louis Agassiz en Recherches Sur Les Poissons Fossiles, 6ª achega.

Etimoloxía O nome Coelacanthus (que significa "de espiñas ocas") está formado polo elemento do latín científico coelo-, tirado do grego antigo κοῖλος koîlos, "oco", e do termo grego ἄκανθα ákantha,"espiña", coa desinencia -us, indicando substantivo masculino.Coelacanthus en myEtymology.

Especies miniatura|240px|Coelacanthus granulatus. Xénero Coelacanthus Coelacanthus banffensis Lambe, 1916L. M. Lambe. 1916. "Ganoid fishes from near Banff, Alberta". Proceedings and Transactions of the Royal Society of Canada, Series 3 (10): 35-44. Coelacanthus evolutus Beltan, 1980 Coelacanthus gracilis Agassiz, 1844, Coelacanthus granulatus Agassiz, 1836 Coelacanthus harlemensis Winkler, 1871 Coelacanthus lunzensis Reis, 1900 Coelacanthus madagascariensis Woodward, 1910J. A. Moy-Thomas. 1935. "The coelacanth fishes from Madagascar". Geological magazine 72: 213-226. Coelacanthus minor Agassiz, 1844 Coelacanthus welleri Eastman, 1908 Coelacanthus whitea Lehman, 1952

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Agassiz, L. (1833-43): Recherches Sur Les Poissons Fossiles. 5 vols. Imprimerie de Petitpierre, Neuchâtel. Sepkoski, J. J. (2002): "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 363: 1-560.

Categoría:Fósiles Categoría:Osteíctios